Onte tivemos un sábado extraordinariamente caloroso, con 37,3ºC rexistrados onte en Ferrol, a máis alta de Galiza (algo bastante inusual). Pola tarde baixou a 30º C pero medrou a humidade até un 40-45%. A sensación foi certamente abafante. Hoxe tivemos un día bastante máis levadeiro.
Nos campos de Moeche sempre vai fresco de mañá e onte podía fotografar un corzo femia.
Corzo europeo (Capreolus capreolus) femia, 06:47 hora galega
OM-1 + Panasopnic 100-300 mm f:5,6 ISO:6400 V:1/160 F:5,6
Corzo europeo (Capreolus capreolus) femia
OM-1 + Panasopnic 100-300 mm f:5,6 ISO:6400 V:1/160 F:5,6
A esta femia vina algo "gordocha", ainda que a época de partos está case a rematar, polo visto.
Corzo europeo (Capreolus capreolus) femia
OM-1 + Panasopnic 100-300 mm f:5,6 ISO:3200 V:1/100 F:5,6
Momentos antes, Chosca e os pequerrechos cruzaban o "Camiño da martaraña". Xunto delas permanecía impasible un tordo. Un tordo suicida, ou non mo explico.
Familia de martarañas (Martes martes) e tordo suicida
OM-1 + Panasopnic 100-300 mm f:5,6 ISO:25600 V:1/250 F:4,6
Chosca e familia
Martaraña dando un chimpo e tordo suicida a su bola
Ás 8:15 unha martaraña solitaria (o macho do territorio, supoño) cruzaba polo sitio habitual, sobre o Rego de San Xurxo. Nesa zona máis sombriza que se ve xunto ao sinal; un lugar que parece ter moita importancia para a marcaxe territorial (non hai semana sen caca fresca).
"Estrada das cacas"
Esta mañá voltaba polas Regas, one había tempo de trebón e caeu algo de choiva.
"Camiño do xabalí"
Samsung A25 (focal 27 mm equiv.) ISO:200 V:1/250 F:1,8
Tordo músico, picanzo vermello, merlos e demais familia
Paporrubio (Erithacus rubecula) con captura
Pimpín común (Fringilla coelebs) femia
Levo dúas semanas sen ver femias de picanzo. Supoño que estarán a chocar. O territorios T1 e T2 semellan asentados. De T3 e T4 non sei nada desde hai tempo. Pinta mal este ano.
Picanzo vermello (Lanius collurio) macho T1
Picanzo vermello (Lanius collurio) macho T1



















Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos