Esta mañá voltei polo meu local patch estival, logo dunha noite de treboada. Cando cheguei aló índa caían unhs pingas... Avanzou a mañá e comezou a calore propia destas alturas. E as moscas.
Vaca e moscas. Óleo sobre lenzo
OM-1 + Zuiko 300mm f:4 ISO:800 V:1/200 F:5
OM-1 + Zuiko 300mm f:4 ISO:800 V:1/200 F:5
OM-1 + Zuiko 300mm f:4 ISO:1600 V:1/640 F:5
Antes de facer o censo de dípteros quedara con Manolo Rei para dar unha volta e botar unhas parrafadas. Case cando terminabamos o roteiro apareceu unha martaraña. Fíxome especial ilusión por seren a primeira que observaba e fotografaba Manolo.
"Chosca" no Camiño do xabalí ás 8:45 hora zulú
Ampliei a imaxe e comprobei que se trataba da miña martaraña favorita: Chosca.
Imaxe moi ampliada de "Chosca"
Por certo, xa correxín o post do día 6/06/2026. Contrastando fotos parece que aquel "exemplar solitario" no camiño do xabalí era Chosca tamén. Semella que logo de estar coas crías pola noite a femia déixaas soas para dar unha volta e marcar territorio.
Con total seguridade a caca da esquerda nesta foto foi depositada cara as 08:30 horas. Algo antes desa hora pasamos por alí e non estaba. Cando voltabamos, ás 8:45, momento en que fotografamos a Chosca, había unha caca nova xunto á outra que se ve máis atrás.
Cagadas de martaraña (Martes martes). A da esquerda recén depositada
Marataraña (Martes martes). Toma moi recurtada
Olympus E-M10 Mark IV + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:1000 V:1/400 F:7,1
Eu non puiden focala ben. A Manolo as fotos quedáronlle algo mellor.
Marataraña (Martes martes). Foto de Manolo Rei
Olympus E-M10 Mark IV + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:1250 V:1/400 F:7,1
Xa comentei que podemos considerar a tempada de picanzos vermellos coma catastrófica, con só dous territorios ocupados dos cinco que chegou haber nas Regas en anos recentes. En T1 deberon eclosionar os ovos, que xa se deixa ver a femia.
Picanzo vermello (Lanius collurio) femia T1










Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos