Cónstame que moitas e moitos dos meus seguidores son alérxicos ao futebol (especialmente simpatizantes de certa esquerda moderna). Eu son un bicho raro e sigo afeizoado a ese deporte de masas que, na realidade, supón moito máis que deporte. Que llo digan ás futbolistas españolas que xa poden xogar coma profisionais e todo o barullo que se montou por ese tema.
O caso é que o mundial vai avanzando e imos vendo cousas, como a primeira vitoria da selección do Estado español, da cual me alegro moito porque a necesitabamos. É certo que nas Illas Británicas xogan as seleccións propiamente nacionais (Inglaterra, Escocia, Irlanda do Norte) e aquí non, pero case me da igual, sinceramente. Hai cousas moitísimo máis importantes na vida.
Lamine Yamal e Mikel Oyarzábal
O domingo España gañou a Arabia Saudita, logo do empate contra Cabo Verde (saúdos á xente de Burela!). Esperemos que os xogadores lesionados coma Nico ou Merino (importantísimos ambos!) vaian recuperando a forma.
Xa no ámbeto doméstico onte aconteceu un suceso de enorme magnitude dese o ponto de vista sociolinguístico. Os abonados do Deportivo aprobaron cun 80% de votos a mudanza do nome do club, adaptándoo á normativa oficial. O "Real Deportivo de La Coruña" é agora "Real Deportivo da Coruña (en galego) ou Real Deportivo de A Coruña (en castelán). Para a xente de fóra pode parecer unha chorrada pero este cambio feríu moitas sensibilidades do nacionalismo español tan arraigado no PSOE coruño (Paco Vázquez debe estar retorcéndose e botando babas).
Por fin, os equipos galegos de primeira (porque o Depor volve ser de primeira) homológanse a outros territorios do estado recuperando os topónimos autóctonos coma nomes dos equipos.
Pois parabéns aos deportivistas por este cambio tan sinxelo mas tan importante. Aínda que o meu equipo galego seguirá sendo o Celta, por suposto (recoñezo que non sigo moito ao Rácing de Ferrol, síntoo).
.jpg)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos