Seguidores e seguidoras

viernes, 2 de diciembre de 2011

Outra de José Curt

Non hai nada coma ser agradecido neste mundo noso. E, para mín,  resulta de obrigado comprimento corresponder a Curt con un pouquiño de "propaganda" (xa sei que non che gustan nada as "comillas" José, perdoa..).

 Recentemente, recibín por parte de Curt un marabilloso regalo, con dedicatoria incluída. Trátase da súa última obra: "Quique, un guardia civil en mozambique".  Non ten moito que ver cos bichos, pero si moito coa demáis familia. Porque eu non deixo de fomar parte dunha comunidade biolóxica maior, coma diría o bon amigo Cosme Damián. E un dos especímenes máis importantes nese hábitat que chaman Terra (ou tamén Gaia, pola zona de Cedeira), non é senón o ser humano.




 Este libro narra, co selo inconfundíbel de Curt, as aventuras reais dun Garda Civil nunha misión en Mozambique, no ano 2005. Teño que confesar que probablemente hai quince ou vinte anos nunca xamáis tería lido un libro onde o protagonista é membro da Benemérita. É ben coñecido que entre este Corpo e a xente de esquerdas nunca houbo, digamos, unha relación demasiado.... "amistosa". E un servidor pertencía, como todo o mundo imaxina, ao segundo grupo citado, hai anos.

  Pero os tempos cambian, ás veces mesmo para ben, aínda que pareza incríbel. Nin ese Corpo é hoxe o que era hai anos, nin o meu corpo tampouco (iso fódeme bastante máis, maldita cervexa...). Falando en serio, actualmente as miñas ideas son ben diferentes, en todos os sentidos, das que tiña cando era máis xoven. Por non dicir opostas en certos asuntos que non veñen a conto neste entrada.

 Así pois, non teño reparo ningún en publicitar, con todo merecimento, este extraordinario libro. Para mín, de obrigada lectura para todo ser humano que se considerere como tal. Porque hai cousas que debemos coñecer por boca das persoas que estiveron alí.

 Non conto máis, porque non quero falar do que debe ser lido. Pero, asegúrovos, meus 40 lectores diarios, que non há deixar indiferente a ninguén este libro de José Curt Martínez. Vale ben a pena. As risas están garantidas, por suposto, con capítulos realmente tronchantes ("defecto" incorrexíbel do mestre Curt). Pero tamén hai episodios moi duros, que relatan aspectos moi tristes e desagradábeis do que é a vida no terceiro mundo, desde dentro, sen filtros nin medias tintas. Para os naturalistas hai que dicir que tamén teremos algunha aventura coa fauna africana coma alegre e perigosa protagonista.
Non podía ser menos, cando o autor é José Curt..

 Por certo, para os interesados, comentar que desde 1985, Curt escribíu varios libros máis, tratando a temática da Natureza galega. Concretamente:

- La llamada de la naturaleza (1985). Editorial  Fondo Natural (desaparecida, según me conta José)
- Mis Cíes, tus Cíes, nuestras Cíes (1989) Deputación de Pontevedra
- 31 Galegos e pico (2007) Reedición, en galego, do seu libro de 1982. Deputación de Pontevedra.

 Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario