Seguidores e seguidoras

sábado, 3 de decembro de 2011

Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus)

Hoxe pola mañá visitei a ría de Cedeira, onde o tempo, con orballo persistente, non acompañou precisamente. Entre outras cousas, había unhas cantas limicolas na praia da Madalena, a pesares da numerosa presenza de paseantes con cans ceibes (en fin, qué vou contar que non saibamos todos...).

 Alí atopei un grupiño de 6 Píllaras das dunas (Charadrius alexandrinus), unha pequena limícola moi escasa coma reprodutora nas costas galegas actualmente.


 O máis interesante é que había dous exemplares anelados.  Un deles amosaba "bandeira laranxa" na tibia dereita, metal na esquerda, e amarelo e amarelo/verde nos tarsos:



 Outro exemplar tiña simplemente metal na tibia dereita e amarelo na esquerda. É o do centro da fotografía (case non se lle aprecian)



   A ver se podo averiguar a procedencia destas anelas, pero penso que pode ser obra de aneladores locais, que andan facendo un intenso seguimento a esta ameazada especie na provincia coruñesa.

  Na mesma praia descansaba un bando mixto de 7 Píllaras reais (Charadrius hiaticula) e 12 Pilros tridáctilos (Calidris alba)



  Saúdos.

12 comentarios:

  1. Hola Xabi:
    El bichito con bandera Naranja, es Francés; si quieres te lo tramito y te envío los datos cuando los reciba.
    El otro, seguramente es algún bicho local, del proyecto de Souza; Los anillamientos con este tipo de anillas tiene el problema que muchas anillas, se pierden.... Es más, creo recordar que del proyecto de Souza (ya de hace unos añitos); casi ninguno tiene todas las anillas...

    ResponderEliminar
  2. Graciñas pola rápida información, Antonio. E, se xa me fás o favor de tramitalo, estareiche moi agradecido (son un desastre para estas cousas, xa o sabes..)

    A todo isto, algunha Píllara coñecida por todos, vai cargada dabondo con tanta anela. Paréceme estupendo que vaia soltando algo de lastre a pobre, carallo..

    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  3. Hola Xabi:
    En 5 minutos la envío a los franceses, seguramente, el lunes ya tendremos el Curriculum vitae del bichito.
    A mi también me parece una locura tantas anillas.... Pero....
    Yo las leo y las tramito; -)

    ResponderEliminar
  4. Hola otra vez:
    Repasando mis notas de alexandrinus anillados, veo que este mismo individuo, estuvo en la playa de A Frouxeira entre el 16 y el 18-10-2011 (Luis Gude y Paco Girón).

    ResponderEliminar
  5. Moi boas as fotos Xabi, notase que te estas a facer coa cámara día a día, moi guapas as píllaras. Un abrazo

    ResponderEliminar
  6. Graciñas de novo, Antonio. Estando ti polo medio a vida é moito máis fácil para os ornitólogos patosos coma min(subsp "inutilidae").

    E grazas tamén a ti, Pepe. Supoño que lembras a entrada de presentación deste blogue (ti fuches a matrona no "parto"). Daquela comentaba que os meus obxectivos a nivel fotográfico distaban moito da calidade reflex.
    Non obstante estou moi contento logo do aprendido na saída a Villafáfila (que non puiden reflexar no blogue aínda). Descubrín que para fotos con zoom 30x cómpre usar velocidades moi rápidas, de 1/1200 ou 1/1600 seg!! Na Olympus que tiña antes pasábame algo parecido. Nin trípode nin hostias en vinagre.
    Obviamente, para iso necesito moita luz. Algo imposíbel na maioría das miñas saídas. Pensade que eu sempre madrugo moito, para aproveitar as horas da mañá, excelentes para a ornitoloxía, pero malísimas para as fotos debido á falta de luz. Se aínda por riba, engadimos o clima ferrolán... (recorda tamén que eu non podo recurtar demasiado as fotos, pois "pixela" un montón se o fago)

    No día de hoxe, a cámara necesitaría ISOs de 800 ou 1600 para poder facer isto. O cal, como sabes mellor ca min, afecta moi negativamente á calidade final da foto. Non che digo xa nunha cámara "bridge" como a miña, que estamos moitísimo máis limitados que os "reflex".

    Creo sinceramente que se collo un día con boa luz, para poder aplicar o que aprendín practicando en Villafáfila, os resultados das miñas fotos van dar un salto cualitativo, redundando nunha mellora notable deste blogue. A ver se é certo.

    Un abrazo, e me alegro moito de verte tan activo outra vez. A ver se quedamos para tomar algo un día destes.

    ResponderEliminar
  7. Fola, Xabi y compañía. Ese chorlo con metálica y una sola anilla amarilla parece que las tiene en las tibias, ¿no? (indicas que están en los tarsos). De todas maneras, no es de nuestro viejo proyecto de marcaje (¿quizá de Jesús Domínguez?). Antonio, cuando sepas de dónde viene el otro, por favor mándame un mensaje (si lo incluyes en el blog ya lo veré yo). Un abrazo.

    ResponderEliminar
  8. Efectivamente, je, je. Hai vinte anos rompín o peroné nun accidente de moto e semella que padezo algún trauma identificatorio cos ósos propios das pernas.

    E moitas grazas polo comentario, José. Para este humilde blogue supón unha verdadeira honra recibir a visita dunha persoa coma ti.

    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  9. Que tal Xabi, mi madriña parece que os franceses non escatiman en anelas, deixarón a píllara ben tuneada, a min tocoume mirar fai unha semana unha das de Jose Souza e era un pouco máis discreta jeje.
    Parabéns polas fotos, penso que están cojonudas e mais co día que fixo hoxe, pensa que esas camaras teñen unha importantísima ventaxa que é a comodide, eu ando polo monte cargando con 3kg nas mans e non é moi azaso, eso si, sacas unhos brazos...
    un saudo Xabi.
    (Toñito)a miña conta google segue nas mesmas.

    ResponderEliminar
  10. Grazas Toñito.
    Sí que son moi prácticas. Debe ser moi incómodo andar censando mentras cargas con un equipo réflex "gordo". De feito non coñezo a ninguén que cense en serio e fotografíe ao mesmo tempo. Ten que ser certamente engorroso (binóculos, telescopio, un 500,..buf)

    Está claro que non se pode facer todo a un tempo e hai que escoller as preferencias que ún ten.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  11. Buenas Xabi:
    Yo tengo fotos de este individuo en A Frouxeira del 25/09/11
    Saludos.
    Pepín

    ResponderEliminar
  12. Pois gárdaas, Pepín. Podes estar seguro que nun par de meses o novo observatorio há ser destruído de novo. E esas fotos que tes, amosan moi probablemente o autor desde futuro atentado. Non che caiba dúbida. Xa comprobaches no cuartelillo o que hai...

    (Mira que avisei que non o reconstruíran de madeira outra vez!! É QUE NON APRENDEMOS, COÑO!!)

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos