Seguidores e seguidoras

jueves, 6 de diciembre de 2012

Mobellas e Mergullóns

  Desde logo, o Outono é unha estación chuviosa de verdade na costa ferrolá. Pode estar chovendo (con maior ou menor intensidade) durante varias semanas sen parar. Houbo algun ano que mesmo se recolleron precipitacións todos os días do mes de Novembro!! Así que, de novo, as precipitacións e os ceos toldados foron compañeiros de xornada nunha pequena visita que fixen hoxe por terras do sur da ría. Mentras me dirixía cara aló, soaban na radio os Supertramp, cantando "It´s raining again". Moi graciosos eles.....


   Definitivamente (e que Deus me perdoe o que vou dicir), o meu son as bridge. Para unha persoa que non se dedica en exclusiva á fotografía, o de levar estas pequerrechas con tanta gama focal é un regalo divino. Menos mal que o meu tele é só un 300, pero xa avulta demasiado, resultando unha lata cada vez que saes e entras no coche; ou se tes que carrexar máis óptica (binóculos e telescopio). Definitivamente, penso que vou deixar a reflex no armario. Como as sandalias, penso que son para o verán. Seguramente nas excursión de Primavera a zonas de montaña ou de bosque vou preferir a reflex, pola maior calidade en distancias curtas e a maior rapidez de enfoque con obxectos en movimento. Pero durante a invernada, moito me temo que vou seguir usando a compacta, coa que cada día consigo mellores fotos (aínda que hoxe non estaba o día ideal para tal menester precisamente). Penso que dá uns resultados de sobra para a divulgación a través dun blogue.

Mobella grande (Gavia immer)

   Por Maniños e O Seixo seguen os nosos visitantes máis característicos: os Mergullóns de pescozo negro, que teñen na nosa ría unha localidade de invernada das máis importantes de todo o noroeste peninsular. Hoxe contei 39 exemplares (creo que na foto seguinte están todos en superficie, cousa pouco frecuente). Quique, Pepe e compañía: tedes unha oportunidade para practicar, contando os bichos da foto...Máis doado, imposíbel.



Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)

 Tamén andaban por aló, bastante máis lonxe, os Pentumeiros (Melanitta nigra). Hoxe puiden contar 10 exemplares, todos xuntiños e descansando en augas profundas.

 E despídome cunha foto (hoxe estou en plan "frikie totás").

Gaivotas choronas (Larus ridibundus)

   Bye, vai!

8 comentarios:

  1. Vai túa, meu...que cucadiña eses amargulladores do pescozo negro!!

    A primeira oportunidade que teña achégome a botar unhas risas con eles.

    Unha aperta, Xabi.

    ResponderEliminar
  2. Non te han defraudar, Rafa. Sonche "xente" ben simpática. Aínda non coñezo ben os seus movimentos, pero coido que durante a preamar achéganse máis á beira. O novo (e polémico) pantalán de Barallobre é un lugar perfecto para pillalos.

    Estou desexando ver as túa fotos dos mergulladores, que seguro que van ser preciosas. Tamén quero volver eu con boa luz para collelos mellor, aínda que Pepe nos deixou o listón moi alto a todos...

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Hoxe pola tarde tamén din unha volta pola ría e puiden ver o de case sempre, o mais destacado foron dous pentumeiros que estaban bastante cerca próximos a praia de Bestarruza-Mugardos, saqueilles unhas fotos a pesar da pouca luz que quedaba. Coas mobellas non tiven sorte, outro día será.Unha aperta Xabi.

    ResponderEliminar
  4. Ah, pois eses dous pentumeiros probablemente han ser outros distintos, Pepe. Porque os de Maniños/Seixo non se moven daló case nunca.
    Un abrazo.
    PD: para as mobellas, o mesmo que para os mergullóns: o pantalán novo de Barallobre é un sitio estupendo.

    ResponderEliminar
  5. Vexo que sigues co tema da cámara entre cella e cella, ¿eh? E unha pregunta: ¿todas estas fotos sacácheas coa Fuji? Porque estou flipando co ben que quedaron. E logo dicías que non estabas contento con ela. Non me quero nin imaxinar cando teñas "O Monstro" ; ) Por certo, eu xa teño "O Maquinón". Hoxe saín facer probas a un parque cercano, e en breve colgarei algo no meu blog.
    En canto ó de censar os mergullóns, así é ben doado, todos quietiños e ben aliñados. Pero logo no campo a cousa cambia. Qué che vou contar a ti... O que sí é certo, é que as fotos poden ser unha moi boa ferramenta para axudar nos censos, ¿non che parece?
    Apertas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A ver, vaiamos por partes:

      Todas as fotos das últimas entradas foron coa Fuji, Quique. Hai case un mes que non toco a reflex! Se che gostan estas fotos de hoxe sei que has flipar en canto teña boa luz, porque xa sabes que as bridge perden moito se tes que subir o ISO. E esta mañá, cunha luz horrorosa, tiven que meterlle unha sensiblidade moi alta (400 maiormente) o cal penaliza moitísimo a calidade das imaxes, frente ás reflex. Pero espera que colla os mergullóns un día soleado....

      E, por suposto, as fotos poden ser unha axuda estupenda para censar en certos casos. De feito, en Doñana empregan esa técnica. Sobre o caso concreto dos mergullóns, é o mesmo que no resto de especies. Debes averiguar cales son os momentos en que as aves se concentran e se mostran máis tranquilas. Unhas veces será na baixamar, outras coa preamar. Noutras ocasións é importante localizar os durmideiros, como no caso das Garzas boieiras (B. ibis) de Castropol. Sempre existe un momento máis favorábel para o censo. É tarefa do censador averiguar cal é ese momento para a especie que nos interesa.

      Uha aperta

      Eliminar
  6. Sacrilego!!!!! decir eso de las reflex!!!! Al infierno de cabeza.....

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ja, ja, ja, imaxinaba a túa reacción! Xa estiven no inferno pero me botaron dalí por ser pouco serio e por bacilar con todos os condenados.

      A ver, Fernando. Sei o que hai. Sobre todo porque teño as fotos extraordinarias que facedes ti, Pablo, Pepe e compañía. Pero é que iso: TOMAR FOTOS, é o único que facedes. Non é unha crítica, ollo. Simplemente digo que no plan no que vades ao campo compensa moito levar eses armatostes. Pero vexo á xente de Calidris, con eses bazookas no lombo, e xa me canso só de mirar para eles. Claro, para unha persoa que só busca a foto dunha ave é cojonudo (fíxate que nin ti nin Pablo subides nunca fotos de paisaxes, por qué será?).

      Pero se, por exemplo, queres tamén censar co telescopio, ou andar levantando pedras para atopar herpetos, a comodidade da bridge é, simplemente, incomparable. E aínda que a fotografía me gosta cada día máis, non penso renunciar ás outras actividades que, para mín, son bastante máis importantes polo que poden aportar.

      Un abrazo

      PD: tranquilo, coño, que se vou a unha fraga a pillar pasriforemes entre a follaxe penso levar o Tamron.

      Eliminar