A verdade é que estou quedando sen palabras.Hoxe era un día realmente horrible, pero decicín volver pola ría de Ferrol para continuar a miña aprendizaxe da nova cámara. E non teño palabras xa. Así que vos deixo coas fotos, tomadas nas peores condicións posíbeis, podedes crerme, sobre todo a primeira (en pleno amanecer dun día de inverno "doente" de verdade)
Garza branca (Egretta alba)
Garza real (Ardea cinerea)
Mobella grande (Gavia immer)
Moito me temo que a reflex e o Tamron 300 van botar unha longa temporada no armario. Moi, moi longa...
Qué fotazas Xabi. Sen palabras... (igual que te estás quedando ti coa cámara, sen palabras).
ResponderEliminarEstán ben, pero fotazas aínda non son. Para iso necesítase luz, e hoxe estaba o día negro, negro. A ver hoxe en Ortigueira...
ResponderEliminarAo final o de aprender coa Fuji tivo a súa parte boa, Quique: agora con calquera outra cámara todo parece máis doado (xa me entendes)
Home, e tanto. Mellor, así disfrutamos mais co cambio e as novas prestacións ; )
ResponderEliminar