Seguidores e seguidoras

venres, 14 de decembro de 2012

Máis probas co "monstro"

A prudencia evitou que titulase a entrada cun "Véndese reflex e teleobxectivo", pero a verdade é que estou anonadado co novo monstro. Xa digo que falta moita tela que curtar para coñecer na realidade de que é capaz esta máquina nas miñas maos, pero as sensacións están sendo impresionantes.

  Esta foto do Pardal (Passer domesticus) está tirada con ISO 640 (aos usuarios de reflex ao mellor non lles parece moito, pero en "bridge" é unha barbaridade):


Sen embargo o ruído só aparece se aumentamos bastante a imaxe. Pero é que, ademáis, o tempo de exposición foi de só 1/80 seg, para unha focal equivalente a 1200 mm e a pulso, sen trípode. E xa vedes que non hai apenas trepidación. Impresionante a efectividade do estabilizador de imaxe, para tratarse dunha compacta....

  Outra cousa que me encanta é a variedade de ISO de que dispoño: 80, 100, 125, 160,... Coa Fuji pasábase de 100 a 200 e punto pelota (e mellor que non subiras moito máis....)


   Afotando todo o que se me puña a tiro nesta desapacíbel xornada, acabei en Punta Frouxeira, onde probei a fotografía a moita distancia. Ben, pero hoxe non era o día. Xa haberá tempo para iso.


  Resumindo, a Canon SX 50 supera todas as miñas espectativas.

8 comentarios:

  1. Se te nota pletórico Xavi, sin duda que te dará muchas satisfacciones a tenor de lo ya visto. Saludos.

    ResponderEliminar
  2. Lo estoy, Isolino, lo estoy. Que conste que no trato de hacer comparación alguna entre reflex y bridge; entre otras cosas porque yo también tengo una reflex, y sé la diferencia de calidad que hay (viendo las fotos de gente como vosotros, sé muy bien lo que hay) Pero creo que es maravilloso que los naturalistas aficionados dispongamos de cámaras tan asequibles como éstas, porque son el futuro, Willi. Son el futuro.
    Unha aperta e graciñas polo comentario.
    PD: Ojalá supiera darle al balón como el Xavi!(mi nombre es con -b- de "bridge")

    ResponderEliminar
  3. Ola Xabier.
    Sigo o teu blog con asiduidade para estar ao tanto do que pasa en temas de aves ( e fauna en xeral) pola zona de Ferrol e Ortigueira. Pero últimamente estaba moi pendente dos teus comentarios sobre as camaras bridge, realmente foi no teu blog donde me enterei da sua existencia. Levo anos querendo mercar unha reflex cun bo obxetivo ou unha compacta e un teles para digiscoping, pero tanto unha coma a outra se me van sempre do presuposto.
    Ata fai unhos días tiña casi claro que finalmente iame dicidir pola Nikon Coolpix P510. Pero agora xa teño dudas, ¿Houbo algo que che decidiu pola Canon ou algo da Nikon que non che gustara? O prezo por ahí anda, penso que a Canon e un pouco mais cara pero calquera das duas pode entrar no meu presuposto.

    Grazas de anteman e noraboa polo teu blog.
    Un Saudo
    Javier Río

    ResponderEliminar
  4. Antes de nada, grazas por seguir "Bichos", Javier. Eu sigo os teus comentarios en Galiciaves:

    E como segues este blogue xa saberás que tampouco é que eu sexa precisamente un experto nestas cousas. Simplemente, busco unha fórmula que permita que un naturalista dispoña dun equipo versátil para a observación da Natureza, sen meterse a gastar miles de euros.

    O motivo de que non comprase a Coolpix 510 (42x)é que eu xa tiña a Fuji HS10 (30x). E, postos a cambiar, preferín que o cambio fose realmente importante. Como asi foi.

    Coñezo algo a Nikon (falei dela nalgunha entrada). É un maquinón que seguro che daría moitas alegrías. Agora mesmo pódese conseguer por uns 350-360 euros en calquera superficie comercial de Galiza.

    Pero se che dá o presuposto eu non dubidaría en pillar a Canon SX 50. Se a pillas en Mediamarket-Coruña sáeche por 460 euros (pero mellor fala conmigo antes, que hai algo que tés que saber)

    Esta SX 50 é simplemente, "a cámara total". Con respecto á P510, ten máis zoom, mellor enfoque, e posibilidade de afotar en formato RAW (moi imprtante á hora de editar fotos). Só por estas tres cousas vale ben a diferenza. O digiscopping desde logo vai pasar á historia con esta nova xeneración de super-bridge, que permiten un aumento propio de telescopio. Falamos de 50 aumentos ópticos, que pasan a 100x con zoom intelixente!! (sen perda de calidade apenas). Logo o zoom dixital xa perde moito, pero ata 100x é unha brutalidade.

    Polo tanto, se podes permitirte esta compra, NIN O DUBIDES, Javi.

    Unha aperta e grazas por seguir este espazo. Para calquera consulta escrebe ao meu correo persoal (xabi.prieto@yahoo.es)

    ResponderEliminar
  5. ti sigue a falar ...e conseguirás que me arruine monetaria e maritalmente...
    ¿qué hai que saber?
    apertas
    Paco

    ResponderEliminar
  6. Pero vai mellorar a túa saúde, Paco. Imaxina poder recorrer a praia de Esmelle darriba a abaixo con esta pequerrecha sen ter que carrexar o pesado trípode co telescopio no lombo. Imaxina logo que esa pequerrecha aumenta máis e enfoca máis rápido do que fas ti co digiscoping. Pois iso non é un sono. Iso existe!!

    Cóntoche o outro detalle no persoal.

    ResponderEliminar
  7. Outro ao que xa lle dou a testa de pensar en numeros. Isto considerase tortura sicoloxica..

    Cesar

    ResponderEliminar
  8. Caghonatós, César, tortura psicolóxica é ter a cámara nova e que non pare de chover un puto día para facer as probas con xeito, carallo!

    Unha aperta

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos