Sen dúbida este ano 2012 foi o ano da Frouxeira. Polo tempo que ocupou nos medios de incomunicación e polas controversias xeneradas sobre a súa xestión, específicamente sobre a apertura da canle. E quero despedirme cunha pequena entrada sobre esta lagoa tan querida por min.
Finalmente nin o ser humano se extinguíu, como predecían os Mayas, nin a lagoa desapareceu transformándose nunha ensenada, como vaticinaban outros. Así pois o home (e a muller) poderá seguir desfrutando da riqueza da lagoa outra temporada máis.
Para que non se diga, Valdoviño despedíume co tempo clásico por aquí en Decembro: vento,ceos cubertos e chuvia. Poucas fotos puiden tomar.
Sentíndoo moito polos seguidores máis recentes de "Bichos" non vou dar unha explicación de todo o que pasou este ano coa inundación, coa apertura, co baleirado, coa nova apertura, co non baleirado, etc.. A estas alturas por Ferrolterra todo quisque ten xa unha idea meridianamente clara do que pensa sobre a xestión (ou non) da lagoa. Creo, honestamente, que o que non está informado, é porque non quixo facelo.
Pero a "información" máis importante foi a que nos deu a todos a propia lagoa a finais de Xaneiro, cando abreu soliña e se "secou" soliña. Si, "soliña", insisto. Porque, aínda que pareza incríbel, segue habendo persoas de ben que pensan que o motivo de tal apertura foron as vibracións que provocaron no substrato as escavadoras que estaban abrindo outra canle distinta (a case 100 m. do lugar). Eu négome a crer que poidan pensar isto en serio, pero semella que asi é.
Agora, case un ano despois, a Xunta ten claro que a lagoa hai que abrila. Alégrome disto. Así evitaráse posiblemente un episodio como o de Xaneiro de asolagamento salvaxe seguido por baleirado explosivo de récord, coas consecuencias negativas que iso puido ter para a flora e fauna.
Pero o novo trazado para a canle de desaugue que Medio Ambiente deseñou, aludindo que é o orixinal, non acaba de asentarse. Vexo que pasan as semanas e teñen que volver a reabrilo mecánicamente unha e outra vez. Penso que se isto segue así van ter que volver a abrir por onde sempre, que é o único que garante que se mantén aberto con facilidade, sen ter que volver a meter as escavadoras cada quince días, como está a pasar agora.
Pero A Frouxeira mantén arestora un aspecto magnífico. Para os que a coñecemos, o mellor aspecto posible, cunha pequena lámina de auga sobre a xunqueira e sen grandes oscilacións de nivel. Se puidese pedir un desexo para 2013 sería que quedara así, tal como está agora, para sempre.
Agora déixovos. E xa vos anuncio que as próximas entradas van ter un pouco máis de luz e de color.
Feliz ano, e vémonos por Villafáfila.
Feliz ano tamén para tí, e ogalla vexamonos por Villafáfila o mesmo por A Frouxeira.
ResponderEliminarUn saudo.
Javier Río.
Grazas, Javier. En Villafáfila vou estar apenas un par de días esta semana, pero xa sabes que o resto do ano "resido" na Frouxeira.
EliminarUnha aperta e que desfrutes coma min do xoguete que nos regalaron os reis.
Feliz ano Xabier, ¡xa espero ansiosa as seguintes entradas !
ResponderEliminarApertas,
Inés
Igualmente, Inés.
ResponderEliminarPoucas maneiras mellores se me ocorren de comezar o ano que cunha visita por Villafáfila.