Seguidores e seguidoras

domingo, 16 de decembro de 2012

Canon SX 50. Probando o estabilizador de imaxe

   A estas alturas da semana xa teño claro que estou ante a mellor inversión que fixen na miña vida como naturalista afeizoado. Cada nova proba que fago, déixame coa boca máis aberta aínda do que xa estaba.

 Agora pola tarde estiven pola ría de Ferrol e aproveitei un ratiño sen chuvia para seguir probando. Na praia de San Valentín había un grupiño de limícolas. Aproveitei que estaban tranquilos para achegarme un pouco.  Non sei se a alguén se lle pode quedar curto o zoom e a calidade das imaxes con esta máquina. A min, persoalmente, sóbrame cámara por todos lados. Non te das conta do que aumenta este monstro ata que non ves a imaxe na pantalla do computador.


 Pilros comúns (Calidris alpina) ISO 200, F: 7.1 e V: 1/160 seg -Focal 215mm (equiv 1200 mm)

  Pero hoxe quería probar o límite do famoso estabilizador óptico (IS). Nalgún foro fotográfico os puristas das reflex case que se rían desta cámara. E cuestionaban que se puidese disparar a man alzada con este zoom tan descomunal.  Pois....que rían, que rían...
  Empecei cunha velocidade media. A pesar do movimento da chalana onde estaba a gaivota, saleu ben co zoom óptico a tope

 Gaivota chorona (Larus ridibundus) ISO 320 F: 6,5 V: 1/125 seg

  Logo fun cara velocidades máis baixas. A seguinte con só 1/50 seg de exposición. Ademáis collín a ave en pleno estiramento, como vedes. Cando vin a foto non podía crelo. Pensei que saería unha cousa borrosa, pero a maior parte da ave quedou bastante nítida.


  Forzando máis aínda, baixei a exposición ata uns lentísimos 1/20 seg!!! A barca seguía movéndose coas ondas da auga e co forte vento.
 Non teño palabras...


 A gaivota da dereita sae moi movida e desenfocada, porque se moveu nese preciso momento; pero a da esquerda sae razonablemente ben, con moi pouca trepidación (polo menos eu non o aprecio). E, repito por se alguén non se decatou aínda, fóron feitas cunha focal equivalente a 1200mm!!!

 En fin, se outros prefiren gastar miles de euros en valiosos equipos para lograr unha calidade de imaxe digna do National Geographic, pois me parece estupendo, se poden permitirse facelo. Pero penso que con esta cámara incríbel que acaba de sair ao mercado moitos afeizoados van a verse marabillosamente beneficiados.

 Seguimos alucinando!!


11 comentarios:

  1. Di la verdad!!! Cuanto te paga Canon.....

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. 1600 euros ao mes, pero estou a negociar unha mellora de contrato. Por iso fixen esta entrada.

      Eliminar
  2. Parabens Xabi, ten moi boa pinta. A ver se sae o sol e podes sacarlle mais partido, e nos que o vexamos.

    Apertas,

    Juan Gómez

    ResponderEliminar
  3. El comentario de cuanto te pagaba Canon e mio Xabi, lo que pasa que paso un compañero a reparar una cosa y quedo con su id. Ahora di en serio, mas de 1600 euros seguro..!!!!!

    ResponderEliminar
  4. No problem, Nando. Un abrazo.
    PD: Realmente Canon debería pagarme algo pola publicidade de balde que lle estou a facer. Pero eu non traballo para eles, senon para VÓS (os colegas naturalistas).

    ResponderEliminar
  5. Caramba Xabi estas cousas non se fan que un queda babeando, e aínda falta por mandar a carta dos reis dos cativos. Seguirei os progresos que fagas ca cámara para caer definitivamente na tentación.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  6. Je, je, no fondo é que vos quero ben, home. Se hai vinte ou trinta anos alguén dixera que había saír unha cámara coma ésta, a xente tomaríate por tolo, ou pensaría que era unha fantasía a un prezo prohibitivo, con moitos ceros. Pero é unha realidade, moi asequíbel, e que só pode dar alegrías a unha inmensa maioría de usuarios (os que non conformamos con fotos decentillas sen maiores pretensións)
    Os puristas non entenden que para moitos de nós estas novas superbridge suponen algo revolucionario.

    Que a cámara ten as súas limitacións, Marcos, que conste. Como o escaso rango de apertura, por exemplo (até F:8 máx, creo así de memoria). E algún pequeno defectiño máis. Pero, carallo, é que entón non valería 500 euros!

    ResponderEliminar
  7. E a velocidade de disparo?, porque parece que mellora ó anterior modelo, pasando de 2.8 a 1.8 entre disparo, pero aínda así din que está lonxe da Lumix ( 0.6)e que esta é algo máis luminosa.
    Ben xa irás contando e mostrando, porque e para ter moi en conta.
    Que a disfrutes!

    ResponderEliminar
  8. Pois xa sabes cómo son estas cousas, Marcos. No manual pouco ben e para saber iso terei que rebuscar no CD Rom. Pero desde logo a rapidez de disparo non é precisamente a maior virtude das bridge (ésta xa é a terceira que teño). Sexan 2 ou sexan 3 segundos, non ten nada que ver coas reflex.

    Sobre a serie Lumix de Panasonic, non teño oído máis que cousas boas. Penso (de oídas) que poden ser a que teñen unha calidade máis cercana ás refelex. Supoño que a óptica Leica que traen e a boa luminosidade ten algo que ver. Quen sabe moito diso é Pepe (Vizoso), que tivo unha Lumix antes de pasar á reflex. Seguro que el te pode informar mellor.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. .."pouco ben"...la Virgen! Quería dicir: "pouco vén" (que Deus me perdoe este atentado lingüístico)

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos