COMENTARIO
Nos últimos anos, unha cadea de acontecimentos do máis nefasto, azoutaron coma un mar embravecido a pequena chalana na que o autor deste blogue navegaba pola vida. Coma consecuencia, a serenidade e a calma foron esvaecéndose pouco a pouco ata case desaparecer. Pero nesta semana que remata, parece que finalmente o mar se calmou un pouco e o sol comeza a brillar de novo para mín.
Así que é moi probable que a partir de agora, comece haber algúns cambios en Bichos e demáis familia. Pequenos e pouco visibles ao principio (só apreciables para os que mellor me coñecen). Quizá despois sexan máis evidentes... Sería un bon sinal.
ENTRADA:
A semana pasada fixen unha pequena "batida" polo val de Moeche, coa idea de continuar o seguemento dalgúns paseriformes que estou a facer por aló.
Durante ún dos transectos, atopeime "isto":
Inicialmente pareceume un polo voantón de Ferreiriño real (Parus major). Pero logo, vendo as fotos, onde se aprecian as meixelas brancas, vin que se trataba dun adulto. O que xa non sei é ónde se tivo que meter o pobre, para acabar con esta pinta lamentable. Pode que o seu look despeluxado se debese a que acababa de pegarse un chapuzón; pero a súa conduta, moi confiada, resultaba sospeitosa, pois apenas se movía do arame. Así que penso que debeu ter algun percance imprevisto (caída ao río, ataque fallido dun predador, choque con vehículo,..) Ou algún tipo de enfermidade. Porque xa digo que estaba moi paradiño diante de mín, sen escapar, como en shock. Logo dun rato, cando me empezaba a preguntar se habería que intervir, saíu voando (sin moita enerxía, tamén é verdade)
Este que andaba nun salgueiro, tiña máis "cara de salud". Menos mal.
As Digitalis purpurea estaban moi bonitas coas gotas da chuvia pegadas nas flores. Esta chamativa escrofulariácea é velenosa/medicinal toda ela. O seu vistoso aspecto fai que sexa amplamente coñecida en toda Galiza, posuíndo unha morea de nomes locais. Miña nai coñécea por "Milicrocas".
A floración espectacular das Margaridas (Bellis perennis) transformaba os prados do val que, nalgunhas zonas, semellaban nevados.
Ata outra.

Fermosas fotos Xabi. E ánimos para facerte con esa chalana e poñer proa cara a onde queiras que te leve. Así debería ser, ainda que as tempestades dos mares polos que navegamos, moitas veces nos fagan perder o rumbo.
ResponderEliminarUnha aperta.
Ben, Quique, no meu caso hai que aclarar que o "rumo" nunca o perdín. Máis ben os remos.
ResponderEliminarGraciñas por comentar. Por certo, imaxino que o pasarías de cine por Monfragüe!