Seguidores e seguidoras

luns, 3 de setembro de 2012

Nas dunas

  Sigo sen poder desprazarme lonxe, polo que as visitas á Frouxeira (a 15 Km de Ferrol) son un recurso habitual nestes días. O Domingo estiven paseando polas dunas, onde continuei coa miña práctica fotográfica. Utilicei este Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe) para probar a máxima profundidade de campo da Canon (F 45!!).



  Pero non conseguín demasiada nitidez. Supoño que era pedir demasiado. Ben, polo menos quedaron unhas imaxes simpáticas.


   Despois, xa "en terra firme", vino máis perto. Ao ver a foto na casa ves que hai un montón de detalles que se che pasan. Esa herbiña que lle chega case ao ollo e que estropeu a foto xamáis se lle escaparía a xente coma Fernando, Pepe ou Pablo. Nestas cousas doume conta da miña inexperiencia en fotografía...

Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe)

Ao pé do paso peonil atopei este escarabeido melolóntido. Parece vivo pero son os "efectos especiais". Estaba mais morto que Franco.

 Melolóntido (Melolontidae)

  A seguinte bolboreta estaba máis viva, afortunadamente. Unha fermosísima Macaón (Papilio machaon). Esta bolboreta ten varias xeneracións ao longo do ano. Este exemplar podía ser da segunda ou terceira, creo. Ao parecer as eirugas teñen predilección por certas umbelíferas coma o Fiuncho (Foeniculum vulgare), unha planta realmente abondante pola zona.

Macaón (Papilio machaon)

  As Choias biquivermellas (Pyrrhocorax pyrrhocorax), empregan as dunas e prados da zona coma territorio de alimentación, tanto na época de cría coma no inverno.


   O domingo había un bando de seis exemplares. En varias ocasións vin un comportamento moi curioso, de interacción. Algúns exemplares "acicalaban" a outros. Deduzo que limpándolles a plumaxe dalgún parásito ou algo así. Non me quedou claro se eran exemplares xóvenes aos seus proxenitores ou femias á súa parella. Aquí estáo facendo a segunda choia empezando pola dereita.


    Aproveitando a roupa de cores miméticas, e movéndome moi, moi a modo, puiden achegarme ata unha distancia apropiada para o meu 300.


  Logo, un pouco de recurte co photoshop e... voilá!

 Choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax)

  Outra imaxe de "acicalamento". Desde logo os exemplares que tiñan esta conduta posuían un peteiro menor e menos apontado cos outros. Insisto en que non me quedou claro se eran xóvenes ou femias.


  Nas dunas as Choias biquivermellas compórtanse case coma os Mazaricos. Ésta metía o peteiro na area cual Numenius en pleno intermareal. Os pequenos moluscos, abondantísimos nestas dunas grises, deben ser un recurso trófico importante para elas.


  Ao fondo o faro de Punta Frouxeira. Un excelente observatorio para as aves mariñas cando hai noroeste, e un durmideiro importante para as choias de toda a zona. Por certo Sergio, non sei habería algunha da Coruña, pero en vez do típico reclamo "kiaaa-kiaaaa", facían "Kas-karillaaaaa".


 Antes de voltar, achegueime á praia dos Botes. Pero coincideu coa hora do bocata, e os pilros estaban a velas vir.. Moi tranquiliños iso si.


   En parte grazas a unha rapaza despampanante, que chamou rápidamente ao seu canciño ao ver que eu estaba observado as aves. Cando rematei a sesión fun canda ela para agradecerlle o detallazo, pouco común nestes tempos que corren. A chavala puxérase previamente en top-less, e podo dar fe de que a Natureza é capaz de alcanzar a perfección en determinadas ocasións.
  Cando lle dei as grazas resultou ser ademáis unha moza moi simpática (aínda encima!). Nin que dicir ten que nese momento a ún, que tampouco é de pedra e leva un tempo no dique seco, se lle pasan pola cabeza moitas cousas contemplando ese panorama esplendoroso. Por unha banda miras para a cámara e pensas: "pois levarei duas bofetadas e me arrisco a unha denuncia, pero este espectáculo natural hai que retratalo para conservalo na memoria como se merece". Por outra dís: "ou iso, ou marchas pitando para casa, Xabi, e te pegas unha ducha de auga fría para baixar os calores". Afortunadamente triunfou o sentido común e optei pola segunda opción.

  Pero non esquecerei tampouco esta xornada memorable de hoxe nunca na vida. Polo das Choias, me refiro....




10 comentarios:

  1. Claro que nos pasa a todos, la cosa es que no la ponemos en el blog y si la que no tiene la hierbita....
    Saludos.

    ResponderEliminar
  2. Grazas polo apoio moral, Fernando. Supoño que o que quería expresar é que eu non dispoño de esa outra foto sen herbiña.

    Unha aperta.

    PD: que conste que non é que me vaia facer o Hara-kiri. Sigo contentísimo co Tamron e cos resultados para o blogue. Simplemente vexo máis os meus defectos e intento corrixilos.

    ResponderEliminar
  3. Pues para dar mas moral, el cambio se nota y bien, la calidad de las fotos mejoro muchisimo.
    Saludos.

    ResponderEliminar
  4. Para iso fixen a inversión, Nando. Deime conta que a Fuji facía augas por todos lados (mira as fotos tan estupendas de Rafa en Ao Noroeste do noroeste, vaia diferenza de calidade coa SX30!!)

    E estou esperando para ver os resultados do teu cambio de equipo en "Aves y paisajes de FISTERRA"

    ResponderEliminar
  5. Vaites, cascarilleiros/as pola Frouxeira.

    De todos modos se eran cascarilleiras non eran as "miñas", que son de Oleiros e non da Coruña... que non é o mesmo ;)

    ResponderEliminar
  6. Asi que agora resulta que o de sair o campo e polas choias, ou como se diga..
    A culpa e tua, tes un 300 e tivecheste que arrimar a ver se habia alguna ramiña que estropease o panorama, ou foi pola profundidade de campo?.. je,je,je

    Cesar

    ResponderEliminar
  7. Ok, Sergio, entendido. De todas formas seguro que os aires da famosa fábrica habían chegar tamén a Oleiros con vento do Oeste, je, je..

    ResponderEliminar
  8. Olá César:

    Pois precisamente "profundidade de campo" sobráballe por todos lados... Comentáballe á rapaza que a xente, cando te vé coa cámara na praia, sempre pensa mal e se botou a rir. Pero, falando en serio, hai que ter coidado con estas cousas. Sei dalgún encontro bastante máis desagradable do que tiven eu entre ornitólogos e bañistas. Por ese motivo nunca ando polas praias pasada certa hora. Aínda que nos Botes terei que facer unha excepción, je, je.

    PD: Sinto moitísimo non poder ilustrar o blogue adecuadamente nesta ocasión!!

    ResponderEliminar
  9. A mi en una ocasion, un señor me obligó a borrar unas fotos pensando que se las habia sacado a su familia en la playa.....

    ResponderEliminar
  10. A iso me refiro, fernando. Coñezo máis casos coma ese que contas. E, persoalmente, tamén tiven algún "encontronazo".

    Antes había unha zona na Frouxeira(o sector NW) no que non había xente nunca e podías andar por alí tranquilamente mesmo no verán, sen atoparte con ninguén. Pero na década dos noventa púxose de moda entre o colectivo gai masculino coma lugar de ligue, así que agora tamén podes ter problemas se vas coa cámara por alí a según qué horas.

    PD: Pediríalle a algún seguidor deste blogue que mediara para desviar ao persoal para outra zona, pero imaxino a resposta. Pero ¿non habería máis sitios para ligar que o único sitio tranquilo da lagoa, carallo?
    A ver se alguén move uns fíos por ahí...



    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos