Seguidores e seguidoras

domingo, 9 de setembro de 2012

Praia dos Botes. Mazarico rubio.

   Non pensedes mal, pero tiña moitas ganas de voltar á praia dos Botes. Hoxe non estaba a Afrodita da semana pasada (suspiros...), senón varios domingueiros bastante máis desagradábeis cos seus cans soltos e correndo dun lado para outro. Así que tiven que esperar un anaco ata que as súas excelencias tiveron a ben abandonar a cala, deixando ás aves tranquilas.

  Entre as varias especies de limícolas que andan estes días sedimentadas nos Botes, había un grupiño de 6 Mazaricos rubios (Limosa lapponica). O día estaba bastante escuro, pero conseguín unhas fotos bastante chulas. Coma sempre, foi imprescindíbel achegarme con discreción, empregando as tácticas que aprendín no Vietnam.






  Mazarico rubio (Limosa lapponica)

 Polo medio das limícolas camiñaba apresurada unha Lavandeira marela (Motacilla flava). Era un macho da subespecie ibérica que aínda conservaba case completa a plumaxe nupcial.

 Lavandeira marela (Motacilla flava subsp.iberiae)

E mentras eu controlaba as aves, as aves facían o propio conmigo, coma este Virapedras, moi atento a todo o que facía.

Virapedras (Arenaria interpres)

 E, lamentablemente, isto foi o único que puiden ver hoxe na praia dos Botes.

 Vémonos na próxima.

6 comentarios:

  1. Xabi, moita reflex e moita gaita, pero tes que mercar unha microcámara destas tipo James Bond, que se disimulan nun botón da camisa, por se volve a aparecer a Afrodita ;)

    ResponderEliminar
  2. Pois non era mala idea, Sergio. Vouno pensar, je,je...

    Vou facer coma no caso do A.paludicola. O ano que vén volverei a visitar os mesmos lugares e nas mesmas datas, a ver se repito tan magnífica "observación".
    Sen dúbida que ambas son citas a conservar na memoria (e unha delas na retina)

    Grazas pola visita

    ResponderEliminar
  3. Cando lin a lamentación sobre as observacións pensei que o motivo é que a Praia dos Botes é unha zona moi abrigada aos ventos do nordés, e como onte non estaba o vento dese lado, o paso das " Topless afroditas" seguian cara ao norte, e non paraban na praia.

    Jose

    ResponderEliminar
  4. Probablemente, José. Pero imos deixar ese tema, que algunha persoa igual se empeza a enfadar...

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos