Horrible. Esa é a palabra que todos temos na mente nestes momentos, logo do accidente ferroviario de onte na capital do país. Xa nun primeiro momento o accidente semellaba grave, pero co paso das horas, e a medida que se ían sabendo máis dados, fomos comprendendo a auténtica dimensión desta traxedia. Porque se converteu, sinxelamente, na maior que eu recorde, aos meus corenta e dous anos de existencia.
Din que nas guerras sae o pior do ser humano pero que, sen embargo, nas catástrofes aflora o mellor de nós. E no accidente de Compostela, estamos a ver esta faceta tan importante da nosa especie, tan irracional e tan cruel en ocasións, pero que tanta compaixón e solidariedade amosa noutras.
Esta imaxe emocionoume. Un heroe, na forma dun desesperado bombeiro, carrexa no colo a unha rapaciña que semella un pequeno anxo no medio do caos e do espanto. (Ao tratarse dunha menor tapeille a cara para conservar a intimidade e por respeto aos familiares).
A solidariedade dos viciños de Angrois, que salvaron probablemente máis dunha vida coa súa intervención decidida, e a dos voluntarios que se prresentaron en tromba para doar o seu sangue nos hospitais, tamén me chegaron ao máis fondo da alma. Nestes momentos vólvelle a ún a esperanza sobre a raza humana, sen dúbida.
Esta mañá daba unha volta por Valdoviño coa idea de facer unha entrada. Pero non puiden. Quedo coa lembranza da chuvia fina que caía sobre a Praia dos Botes neste triste día da Patria galega. Pero non eran gotas de auga as que caían; eran as bágoas de todo o país as que me mollaban en Valdoviño. Porque é Galiza enteira a que está a chorar.
Un desastre, que xeito mais absurdo de morrer..
ResponderEliminarEsta mañá escoitaba a un enxeñeiro que traballa na rede ferroviaria francesa, e que aseguraba que aló hai trens de alta velocidade que percorren tramos de vía convencional ata a 220 km/h. Entereime logo de que esta curva tan pecha (que xa deu un susto o mesmo día da estrea do Alvia)quedou así porque rliminala esixía un proceso de expropiacións moito máis complexo, ao parecer.
EliminarA diario escoito queixas da xente, que protesta polo trazado tan sinuoso da nosa rede viaria, especialmente das autoestradas. Pregúntome se esas persoas que tanto protestan estarían dispostas a ceder propiedade en beneficio dun trazado máis seguro (sei a resposta...).
Pónseme a carne de galiña con este accidente. Non hai palabras.
ResponderEliminarNon, Inés, pero hai sentimentos.
EliminarO primeiro decir que aínda estou a asimilar todo o que pasou e poñerme do lado das víctimas.
ResponderEliminarPero agora comenza o tempo das pregunas e de deslindar responsabilidades. E que conste que creo que hai para todos. Primeiro para os que asinaron un proxecto técnico de seguridade (que se ve que non era válido) dun medio de comunicación público. Despois para o que levaba un transporte colectivo e que se despistou. A falta de mediso de seguridade, para min, non o desculpa. Un maquinista non pode ser un convidado de pedra. Para iso automatizamos os trens, e en paz. E non creo que este sexa o camiño.
En canto ó das expropiacións, pois despois de ter traballado 4 anos expropiando terreos para a Autovía do Cantábrico, se queres xa cho contesto eu: Non.
E mais a política de infraestructuras da Xunta é que non se expropia salvo forza maior. E isto non pode ser así. O primeiro debe ser a compoñente de seguridade. Logo o respeto á propiedade.
E no caso dalgunha xente que tiña o seu medio de vida nas parcelas expropiadas pois poido entendelo, pero os que mais berraban non eran estes, eran os das toxeiras seculares.
Somos así. Non hai remedio
Acababa de facer un comentario de resposta máis estenso pero non sei qué demo pasou que non "me se publica".
EliminarResumindo... ESTOU TOTALMENTE DAXCORDO CONTIGO, ELOI