Aproveitamos para dar unha volta pola lagoa da Frouxeira, onde puidemos anotar varias novidades recén chegadas de terras meridionais, á espera do "día grande", que previsiblemente pode ser mañá.
O máis destacado de limícolas foi:
- 4 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola)
- 6 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
- 1 Combatente (Philomachus pugnax)
- 78 Pilros comúns (Calidris alpina)
- 1 Pilro tridáctilo (Calidris alba)
- 8 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
- 1 Bilurico común (Tringa totanus)
- 2 Biluricos claros (Tringa nebularia)
- 7 Mazaricos rubios (Limosa lapponica)
- 1 Mazarico chiador (Numenius phaeopus)
Notouse un incremento en canto ao número de especies, pero son aínda cantidades mínimas. Apenas unha pequena mostra do que está por vir. Cándo ocurrirá isto é difícil predecilo. E máis aínda neste ano tan raro, porque hoxe vía a primeira Folosa marela (Hippolais polyglotta), con varias semanas de retraso! Pero como digo, mañá pode ser un día potente.
Daquela haberá tempo para tirar fotos de aves. Hoxe tocaba reunión familiar. O vello Josele parábase a fotografar canto insecto atopaba.
Ademáis de Josele, Pedro Cruzado e Pepe Vidal, viñeron tamén dous amigos bascos (non sei os apelidos, sorry) e varios visitantes moi especiais:
Esda a drta: Carlos, Pedro Cruzado, meu cuñado Antón, miña irmá Monse, meu sobriño Paulo, eu, Curt e José María. Esa cousiña preciosa que leva Antón no pescozo é Lucía, unhas das miñas sobriñas.
Bueno agora a descansar (aínda estou cheo do estupendo xantar que organizou Pepe) e mañá a desfrutar!
PD: Hai boas novas da Folosa manchada (Locustella naevia). Xa vos informarei.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos