Unha parella de Lavandeiras brancas (Motacilla alba) que aniñaron alí tiñan xa poliños. Paulo fíxolles un pequeno seguemento previo e consegueu obter unha foto dos ovos sen molestar o proceso reprodutivo da parella de lavandeiras.
Lavandeira branca (Motacilla alba)
Niño de Lavandeira branca con ovos
Eu recomendáballe que podía ser interesante intentar averiguar qué bicada carrexaban aos polos. Porque aínda moitos paseriformes granívoros ou omnívoros adoitan levar ceba animal ás crías. Quizá vermes, eirugas de bolboreta ou arácnidos poidan ser alimento rico en proteínas apto para os xóvenes poliños de Lavandeira. Quén sabe?
Coincidindo coa última visita de José Curt, xuntámonos en Valdoviño para botar a mañá. Paulo posou coa súa nova guía de "Insectos, anfibios y reptiles", un pequeno detalle por parte do seu tío/padriño.
Paulo Gómez Prieto, todo farruco, á dereita de José Curt
Un abrazo, Paulo.
Xabi: Me gusta un montón esa foto con tu familia, hermana, cuñado y, especialmente , Paulo que sí que es un alevín de importante naturalista. Después de haber visto la ilusión que pone en los bichos y lo que ya sabe sobre ellos, este rapaciño nos desbanca, Xabi, y si no, al tiempo. Bienvenida sea, pues, la hoja nueva. Lo pasamos muy bien en Valdoviño. Gracias y un abrazo para todos
ResponderEliminarSi que o pasamos ben.E con un sol de xustiza.
EliminarGrazas pola visita, José. Outro anrazo. E lembra que isto non é Facebook. Aqui tes que firmar ao acabar o comentario. Se non debo deducir quen é o que escribe.
Pasámolo moi ben en Valdoviño cun grupo de naturalistas tan experimentados.
ResponderEliminarA lavandeira lévalles aos poliños uns vermes brancos e, ás veces, moscas. Pola súa parte, ela cómenos as frambuesas do noso patio.
Si que o pasamos. Ti controla cantos días botan no niño e cantos polos saen. Probablemente despois ides telos por aí de voantóns un pouquiño máis, mentras van pedindo comida detras dos pais por todo o patio ou esperando por eles desde un lugar elevado.
EliminarE recorda que se os pais desconfían de ti e ves que non se de iden a levar a ceba ao verte debes apartarte para non poñer en perigo a supervivencia dos polos.
Se tes unha libreta podes ir anotando todas estas cousas coas datas (que aparecen nas fotos).
Un besiño.
Vaites, xa tes quen continue a túa labor, hehehe. Unhas fotos preciosas, dignas herdeiras do seu tío, si señor.
ResponderEliminarApertas.
Ei!, tío, e padriño! A moita honra.
EliminarE ti vai buscando padriño e madriña tamén, ha, ha..
Un besazo, Inés.