Como viña facendo en Galiciaves, tentarei informar de todas as novidades que poida haber. Son tempos de migración e de chegadas. E cada día depara unha sorpresa se sabemos mirar no lugar axeitado.
Esta tarde facía unha visita de control. A esa hora a luz é malísima desde a pista, así que me descalcei e me metín no intermareal en bañador. Alí atopeime con dous colegas ferroláns que non coñecía, Angel e Manuel Montero creo que se chamaban. Os tres adicámonos a fotografar as limis sen molestalas demasiado. Tivemos sorte que a peste non apareceu.
Hoxe , ademáis de grupos de Píllaras reais e Pilros comúns, aparecía coma novidade un pequerrecho ben bonito: o Pilro pequeno (Calidris minuta)
Mirei se tiña membrana interdixital (Calidris pusilla), pero non apreciei tal característica nesta ocasión.
Pilro pequeno (Calidris minuta)
Canon SX50 F:6,5 V: 1/250 seg. ISO 100 focal 215 mm (equiv.1200)
Estade atentos. Isto é Maio. Palabras maiores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos