Esta mañá achegueime de novo á lagoa de Valdoviño para facer un censo de control de acuáticas. Alí chegaron Ramón Tenreiro, outro socio do G. N Hábitat, e varios rapaces novos que están a comezar nisto do paxareo: Ángel Couce, Raquel Iglesias e Pablo Vázquez. Cando rematei o censo houbo tempo para falar con eles e explicarlles cousas sobre A Frouseira, que segue aberta.
Panorámica da lagoa. Autodisparo sobre tripé
OM-1 + Panasonic 14-48 mm ISO:200 V:1/8 F:9
Limícolas no intermareal NW
O censo estivo enfocado nas limícolas, mas tamén contabilicei outras acuáticas. De todos os xeitos son cifras incompletas pois estiven concentrado nos intermareais:
- 21+ Patos cincentos (Mareca strepera). Hai máis. Marcharon moitos exemplares
- 137 Lavancos reais (Anas platyrhynchos). Coma no caso dos cincentos houbo un descenso evidente de exemplares, que marcharían cara outros humidais
- 2+ Mergulletes comúns (Tachybaptus ruficollis)
- 12 Galos de auga (Fulica atra)
- 88 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
- 1 Mazarico real (Numenius arquata)
- 1 Fuselo de rabo negro (Limosa limosa)
- 1 Arceúcha das brañas (Gallinago gallinago)
- 4 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
- 1 Bilurico común (Tringa totanus)
- 2 Biluricos pativerdes (Tringa nebularia)
- 1 Virapedras común (Arenaria interpres)
- 1 Combatente (Calidris pugnax)
- 3 Pilros ferruxentos (Calidris ferruginea)
- 75 Pirlos tridáctilos (Calidris alba)
- 135 Pilros comúns (Calidris alpina)
- 1 Pilro pequeno (Calidris minuta). Novidade
- Gaivotas comúns (Chroicocephalus/larus fuscus-michahellis)
- 5 Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
- 1 Picapeixe común (Alcedo atthis)
Pilros en vóo
OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:800 V:1/800 F:6,3
O combatente achegouse algo ao paseio peonil. Aínda que tiña a OM-1 preferín disparar coa Canon SX70, que vai mellor cando a ave está a case 100 m.
Bilurico común (Tringa totanus, esda) e combatente (Calidris pugnax, drta)
Combatente (Calidris pugnax)
Dos diferentes cambios taxonómicos que se fixeron nos últimos anos o de pasar o combatente desde Philomachus a Calidris paréceme do máis axeitado. Ignoro os motivos xenéticos para tal mudanza pero cando o vemos voar semella talmente un Calidris alpina xigante con cabeza pequena.
Combatente en vóo. Foto moi recurtada
OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:400 V:1/800 F:6,3
Combatente (Calidris pugnax). Imaxe con recurte
Canon SX70 (focal 1365 mm equiv) ISO:200 V:1/800 F:6,5
Combatente (Calidris pugnax). Imaxe con recurte
Canon SX70 (focal 1365 mm equiv) ISO:100 V:1/640 F:6,5
Ben, a cousa está entretida, como vedes. Polo de agora con cifras moi baixas. O prognóstico meteorolóxico para os vindeiros días anuncia ventos de norte outra vez, así que probablemente moitas das aves marcharán. Haberá que esperar uns días para ver se cambia a circulación de SW.
Hola, ya están algunos diciendo en los comentarios de tu artículo que odias a los perros...
ResponderEliminarLa ignorancia es atrevida. Convendría que les contestaras.
Xa vin, Roberto. Vou absterme de contestar a eses indixentes mentais. Nestes momentos teño coma prioridade estar tranquilo.
Eliminar