Seguidores e seguidoras

venres, 7 de agosto de 2026

Forcadas: agonía dun encoro

   Penso que todos os naturalistas, independentemente das viaxes que poidamos facer, temos unha lista de espazos naturais próximos e favoritos. Lugares aos que chegar en quince minutos ou media hora en carro desde casa. No argot paxareiro emprégase o termo inglés de "local patch". Un termo difícil de traducir e que por iso manteño na língoa de Shakespeare.

   Ún dos meus local patch foi o encoro das Forcadas, en Valdoviño. Un encoro que está agonizando debido a unha morea de factores de todo tipo. Este ano, a maiores, a seca.

Enseada do Pereiro completamente seca

  Xa comentei que a observación naturalista é cada ano máis complicada neste humidal. Básicamente debido a :
  • Proliferación de vexetación arbustiva que impide a visión desde lugares onde dispuñas dunha boa perspectiva para censar acuáticas
  • Abandono de pistas e corredoiras que accedían ao encoro, actualmente impracticábeis se non vas cun machete ou unha fouciña
  • Instalación masiva de pastores eléctricos en prados polos que antes podías acceder 
  • Aparición de especies invasoras como Procambarus ou Velutina, que causaron unha caída brutal na biodiversidade
  • Verquidos procedentes de granxas que provocaron unha alarmante eutrofización  
  • (Secundariamente). Actividades recreativas coma pesca e deportes acuáticos de remo ou vela, que tamén xeneran molestias á avifauna e á flora (son testemuña).

Cola de Vilaboa

 Se tedes curiosidade podedes chusmar a miña listaxe de hoxe. Feita únicamente na ponte da enseada do Pereiro. Non tiven ánimo para máis.

 A salientar a exótica aparición de tres ibis mouros na cola de Vilaboa. Supoño que gostarán do cangrexo vermello, ou non se entende.

Ibis mouros (Plegadis falcinellus). Toma documental

Ibis mouros (Plegadis falcinellus). Toma documental

  Para acabar de anoxarme non se me ocorreu outra cousa que volver pola Frouseira. Non lembraba o da valla maldita ata que volvín a vela.


"Cousas veredes". Óleo sobre lenzo anónimo

 O sentido deste despropósito podemos razonalo únicamente tal que así:

  "- Non podemos multar aos infractores porque perdemos moitos votos dos propietarios caninos. Pero podemos construir unha valla de madeira, que non serve para nada pero mola, e quedamos de fruta madre. Ademáis damos ganancia a un amigo que ten unha empresa de carpintaría".

 Ás veces pregúntome que terei feito nunha vida anterior para merecer todo isto.

xoves, 6 de agosto de 2026

Cozo (Capreolus capreolus). Unhas fotos moi esperadas

 Antonte tiven un pequeno accidente co Zuiko 300. Non é grave pero estes días vou ter que usar o Pana ou a Sony RX10, que foi o que fixen esta mañá.

"Camiño das martarañas", 7:20 hora zulú

   Na linguaxe científica eses pequenos parches forestais no medio de áreas agrícolas denomínanse coma "bosques illa". Nas regas de Moeche existe ún no que considero altamente probábel que naceran os cachorros da femia de martaraña bautizada coma Chosca. Ao carón dese bosque illa hai un campeiro que sempre me pareceu un hábitat ideal para observar corzo.

Parcela situada xunto ao bosque illa
Sony RX10 III (focal 30 mm equiv.)  ISO:400   V:1/100  F:4

    Hoxe tiven a fortuna de facer as fotografías que sempre desexara nas moitas veces que pasei xunto ao sitio. Un macho de corzo aparecía no lugar perfecto para a fotografía perfecta (se houbese equipamento axeitado e un fotógrafo de verdade).

Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 520 mm equv.)   ISO:1600  V:1/200   F:4

     A esas horas da madrugada e aínda por riba con néboas houbo que subir até uns niveis de ISO óptimos para a OM-1, mas xa moi altos nunha bridge.

Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 70 mm equv.)   ISO:800  V:1/125   F:4

    Porén, foi unha observación moi fermosa. O corzo viume, pero ficaba tranquilo sen escapar correndo coma fan sempre. Eu non daba creto. De feito seguía alimentándose coma se nada.

Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 600 mm equv.)   ISO:800  V:1/125   F:4

Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 600 mm equv.)   ISO:1600  V:1/200  F:4

Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 60 mm equv.)   ISO:1600  V:1/200  F:4   
 
Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 600 mm equv.)   ISO:1600  V:1/200  F:4

Corzo (Capreolus capreolus) macho
Sony RX10 III (focal 600 mm equv.)   ISO:1600  V:1/200  F:4
  
    Mágoa non ter a OM-1 co Zuiko, porque nesas condicións de luz había notarse moitísimo a diferencia de calidade. Iso si, a focal variable dunha bridge permite facer composicións inalcanzábeis para unha focal fixa. E nese lugar era obrigado. Especialmente porque tamén aparecía unha femia de corzo. O motivo polo que o macho non fuxira tan rápidamente.

Corzo (Capreolus capreolus) femia
Sony RX10 III (focal 400 mm equv.)   ISO:1600  V:1/125  F:4

     Outra nova do día foi a sorpresa de ver xuvenís de picanzo no territorio T1. Finalmente houbo tres parellas reprodutoras na zona de As Regas. 

Xuvenil de picanzo vermello (Lanius collurio)
Sony RX10 III f:4 (focal 600 mm equiv.)  ISO:400   V:1/160  F:4 

Paisaxes de Moeche
Sony RX10 III (focal 40 mm equiv.)  ISO:100   V:1/80  F:5

Paisaxes de Moeche
Sony RX10 III (focal 50 mm equiv.)  ISO:100   V:1/80  F:5

martes, 4 de agosto de 2026

Intentando grabar a los Myotis daubentonii

   Seguimos con la serie "Vacaciones en Moeche" (ya en Netflix). Hoy quería probar algo nuevo, pero antes daba mi habitual vuelta en coche por la zona de San Sadurniño y Moeche.

De muestro por pistas secundarias de Lamas (San Sadurniño)

    Llevo dos visitas sin observar mamíferos - cosa extraña - y, por ahora, sólo están apareciendo chotacabras en As Regas. Esos ojos en la oscuridad son una pasada...

Ojos de chotacabras europeos

 Estoy considerando que los observados en As Regas sean un grupo familiar. Esta noche había como mínimo cuatro individuos, muy cerquita unos de otros. 

Chotacabras europeos (Caprimulgus europaeus)
 
   Siempre están en el mismo tramo de carretera, próximo a una gran finca semiabandonada sin manejo agroganadero. Intuyo que es la zona de cría.

Hábitat de chotacabras europeo (Caprimulgus europaeus)
 
  Como he dicho quería probar una experiencia nueva: grabar en vídeo a los murciélagos del Xubia, ya que su fotografía es extremadamente difícil con mi equipo y conocimiento. Pero la cosa no es fácil tampoco. Hablamos del amanecer y en hábitat de ripisilva fluvial, donde son frecuentes las nieblas.

  Por otra parte yo ni sabía como se grababa en vídeo con la OM-1, os lo juro. Tuve que mirar los controles un buen rato hasta que di con la "fórmula". Es que cuando compro una cámara, compro una cámara de fotografía y nada más.

Al fondo, hábitat de murciélago ratonero ribereño (Myotis daubentonii)

  Ya hemos comentado que Blogger sólo permite subir archivos de 100 megas como máximo. El primero de los que grabé ya pesaba 640 Mb, así que no podía subirlo. Hice una captura de pantalla super cutre donde se ve uno de los murciélagos ratoneros ribereños. 

Murciélago ratonero ribereño (Myotis daubentonii)
 
   Grabé otros tres más cortos pero sólo salían los reflejos de los bichos en el agua. Únicamente en éste aparece al principio uno de los murciélagos que están siempre allí. En mi opinión podría ser otra especie, pues vuela de una manera completamente diferente a los daubentonii: arriba y abajo en vez de rasear horizontalmente sobre la superficie del agua. En varias ocasiones en que lo enfoqué con la linterna parecía ligeramente mayor y más pardo que los Myotis daubentonii.

Murciélago sp en primer plano

Amaneciendo con niebla
 
      Después del intento de rodaje fue haciéndose de día, en una mañana que terminó lloviendo. 

As Regas de Moeche. Foto con el teléfono
 Samsung A25 (focal 4 mm)  ISO:100  V:1/100  F:1,8
 
   Y la lluvia siempre da juego en la fotografía de aves:

Alcaudón dorsirrojo (Lanius collurio) juvenil
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 + MC1,4x (f:5,6)    ISO:1600   V:1/250   F:5,6

    La familia de alcaudones de San Xurxo es bastante "afotable".

Alcaudón dorsirrojo (Lanius collurio) macho
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 + MC1,4x (f:5,6)    ISO:1600   V:1/200   F:7,1

    Hoy se portó especialmente bien la hembra, aunque no tengo claro el mejor revelado para estas tomas. Si dejo la exposición tal cual parece que quedan claras de más. Si la bajo con Lightoom y subo el contraste parece que se pierde un poco de saturación. Cuánto me queda por aprender...

Alcaudón dorsirrojo (Lanius collurio) hembra
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 + MC1,4x (f:5,6)   ISO:1600   V:1/200   F:7,1

Alcaudón dorsirrojo (Lanius collurio) hembra
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 + MC1,4x (f:5,6)   ISO:800   V:1/160   F:5,6