Hoxe voltaba a Moeche na compaña de Ángel Couce Méndez, que puido desfrutar a observación e fotografía das noiteboas cincentas; "especialidade da casa", que din nos restaurantes.
Noiteboa cincenta (Caprimulgus europaeus)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:25600 V:1/125 F:4
Noiteboa cincenta (Caprimulgus europaeus)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:12800 V:1/80 F:4
Ángel ten unha cámara bridge de sensor pequeno, así que lle emprestei a Pana G-7 para que puidera fotografar mellor as noiteboas. Co seu permiso poño varias fotos tomadas por el.
Noiteboa cincenta (Caprimulgus europaeus)
Panasonic G-7 + Pana 100-300 mm f.5,6 ISO:6400 V:1/125 F:5,6
Noiteboa cincenta (Caprimulgus europaeus)
Panasonic G-7 + Pana 100-300 mm f.5,6 ISO:6400 V:1/125 F:5,6
Ángel estaba moi feliz da experiencia. Góstame moito ver xóvenes naturalistas que non son o habitual arquetipo do rarólogo coleccionista. Hai futuro!
Noiteboa cincenta (Caprimulgus europaeus)
Panasonic G-7 + Pana 100-300 mm (a 200 mm) f.5,6 ISO:6400 V:1/100 F:4,9
Noiteboa cincenta (Caprimulgus europaeus)
Panasonic G-7 + Pana 100-300 mm (a 200 mm) f.5,6 ISO:6400 V:1/100 F:4,9
Outra das novas ornitolóxicas da semana foi que onte (na compaña de Manolo Rei) puiden confirmar a cría do falcón pequeno nas regas de Moeche, ao ter observado unha parella de adultos. Algo que tradicionalmente é considerado co estatus de "cría probable" na literatura científica.
Parella de falcóns pequenos (Falco subbuteo)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:800 V:1/400 F:4
Falcón pequeno (Falco subbuteo)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 + MC1,4x (f:5,6) ISO:800 V:1/400 F:5,6
Falcón pequeno (Falco subbuteo)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 + MC1,4x (f:5,6) ISO:800 V:1/400 F:5,6
Nestas ocasións boto de menos a Nikon P1000, pero a OM-1 permite unha marxe de recurte moi grande, así que finalmente non quedaron mal as tomas feitas desde 100 m de distancia.
A este escribidor de papo negro collímolo máis perto hoxe:
Escribidor de papo negro (Emberiza cirlus)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:200 V:1/200 F:4
Escribidor de papo negro (Emberiza cirlus)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:200 V:1/200 F:4
E con este escribidor rematamos un finde con especial protagonismo das noiteboas cincentas. Un ave que todos e todas deberíamos tentar observar alomenos unha vez na vida, porque mola moito.











Son una pasada ,pero creó por mí parte que no es bueno estar machacandolos así con luces.Es mi opinión.
ResponderEliminarEntendo (e comparto) a túa preocupación pola tranquilidade das aves. Sen embargo evitaría o termo "machacando", que non vén a conto.
EliminarFixemos unha mostraxe de máis de tres horas para ensinarlle As Regas a Ángel. Durante uns quince minutos estivemos coas noiteboas e empregamos as luces dunha lanterna en vez dun flash, que sería o que farían moitos fotógrafos cuxas fotos quedarían moito mellor e se publicarían en guías ou na páxina da SEO. Se o que fago eu resulta agresivo non sei que termo debería aplicarse a fotógrafos profisionais.
Un placer el día de hoy. La verdad que recomiendo a cualquiera (si no le molesta madrugar) que intenten ir a encontrarlos, por que son un espectáculo de ver y mucho menos tímidos de lo que esperaba, si uno va con cuidado.
ResponderEliminarEu diría que o pracer ocorreu máis ben nas horas da noite.
EliminarPD: eliminei o anterior comentario, que podía dar lugar a segundas leituras terxiversadas (en Internete hai que ter coidado co que se escrebe)