Seguidores e seguidoras

domingo, 2 de agosto de 2026

Máis fotos das noiteboas e falcón pequeno (Falco subbuteo)

   Hoxe voltaba a Moeche na compaña de Ángel Couce Méndez, que puido desfrutar a observación e fotografía das noiteboas cincentas; "especialidade da casa", que din nos restaurantes.

Noiteboa cincenta (Caprimulgus europaeus)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:25600  V:1/125   F:4

Noiteboa cincenta (Caprimulgus europaeus)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:12800  V:1/80   F:4

  Ángel ten unha cámara bridge de sensor pequeno, así que lle emprestei a Pana G-7 para que puidera fotografar mellor as noiteboas. Co seu permiso poño varias fotos tomadas por el.

Noiteboa cincenta (Caprimulgus europaeus)
Panasonic G-7 + Pana 100-300 mm   f.5,6   ISO:6400     V:1/125   F:5,6

Noiteboa cincenta (Caprimulgus europaeus)
Panasonic G-7 + Pana 100-300 mm   f.5,6   ISO:6400     V:1/125   F:5,6

     Ángel estaba moi feliz da experiencia. Góstame moito ver xóvenes naturalistas que non son o habitual arquetipo do rarólogo coleccionista. Hai futuro!

Noiteboa cincenta (Caprimulgus europaeus)
Panasonic G-7 + Pana 100-300 mm (a 200 mm)   f.5,6   ISO:6400     V:1/100   F:4,9

Noiteboa cincenta (Caprimulgus europaeus)
Panasonic G-7 + Pana 100-300 mm (a 200 mm)   f.5,6   ISO:6400     V:1/100   F:4,9

      Outra das novas ornitolóxicas da semana foi que onte (na compaña de Manolo Rei) puiden confirmar a cría do falcón pequeno nas regas de Moeche, ao ter observado unha parella de adultos. Algo que tradicionalmente é considerado co estatus de "cría probable" na literatura científica.

Parella de falcóns pequenos (Falco subbuteo)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:800  V:1/400   F:4

    Xa o sospeitaba desde hai tempo, mas únicamente tiña observacións illadas dalgún exemplar solitario. Este ano estiven a escoitar os cantos territoriais en numerosas ocasións e onte observaba a parella nun hábitat a priori óptimo para a reprodución da especie.

Falcón pequeno (Falco subbuteo)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4 + MC1,4x (f:5,6)   ISO:800  V:1/400   F:5,6

Falcón pequeno (Falco subbuteo)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4 + MC1,4x (f:5,6)   ISO:800  V:1/400   F:5,6

    Nestas ocasións boto de menos a Nikon P1000, pero a OM-1 permite unha marxe de recurte moi grande, así que finalmente non quedaron mal as tomas feitas desde 100 m de distancia.

   A este escribidor de papo negro collímolo máis perto hoxe:

Escribidor de papo negro (Emberiza cirlus)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4    ISO:200  V:1/200   F:4

Escribidor de papo negro (Emberiza cirlus)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4    ISO:200  V:1/200   F:4

 E con este escribidor rematamos un finde con especial protagonismo das noiteboas cincentas. Un ave que todos e todas deberíamos tentar observar alomenos unha vez na vida, porque mola moito. 

4 comentarios:

  1. Jose Ramon Castro Gómez2 de agosto de 2026, 18:44

    Son una pasada ,pero creó por mí parte que no es bueno estar machacandolos así con luces.Es mi opinión.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Entendo (e comparto) a túa preocupación pola tranquilidade das aves. Sen embargo evitaría o termo "machacando", que non vén a conto.
      Fixemos unha mostraxe de máis de tres horas para ensinarlle As Regas a Ángel. Durante uns quince minutos estivemos coas noiteboas e empregamos as luces dunha lanterna en vez dun flash, que sería o que farían moitos fotógrafos cuxas fotos quedarían moito mellor e se publicarían en guías ou na páxina da SEO. Se o que fago eu resulta agresivo non sei que termo debería aplicarse a fotógrafos profisionais.

      Eliminar
  2. Un placer el día de hoy. La verdad que recomiendo a cualquiera (si no le molesta madrugar) que intenten ir a encontrarlos, por que son un espectáculo de ver y mucho menos tímidos de lo que esperaba, si uno va con cuidado.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eu diría que o pracer ocorreu máis ben nas horas da noite.
      PD: eliminei o anterior comentario, que podía dar lugar a segundas leituras terxiversadas (en Internete hai que ter coidado co que se escrebe)

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos