Seguidores e seguidoras

xoves, 13 de agosto de 2026

Fotografando a eclipse. Crónica dun desastre

  E chegou a eclipse. Finalmente puido contemplarse desde a praza que hai xunto a miña casa, pois o sol estaba alto dabondo e non era tapado polos edificios próximos. Sendo así parecía obrigado facer unha sesión de fotos a este evento que non imos volver a vivir.

   Media hora antes achegueime ao lugar coa mochila da OM-1 e todos os obxectivos. Fixen unha primeira toma de paisaxe que máis ben semella fotografía costumbrista, co típico grupo de marroquinos xogando ao futebol.

Praza do Inferniño (Ferrol)
OM-1 + Panasonic 14-42 mm  f:5,6   ISO:400  V:1/400   F:7,1

  O problema comezou despois. Por varios motivos:
  • Nunca usara antes a pantalla articulada da OM-1 nen sei como se configura. Por medo a sufir danos na retina evitei usar o visor e escollín a pantalla
  • De cerca vexo mal, e só levara as "gafas de lonxe". Non vía ben a pantalla táctil
  • Pensei que a pantalla amosaba a exposición real, coma o visor. Parece que non
  • Teño o Zuiko 300 f:4 "pegado" ao teleconvertidor MC1,4x por un pequeno accidente no campo (caída desde o tripé). Ata dentro duns días non vou poder desacoplalo
  • Partindo de cero fun aprendendo bastante sobre fotografía a base de ler, escoitar e probar. Porén, non me dá para captar momentos tan complexos
  O caso é que a sesión foi un absoluto desastre. Principiei configurando a cámara cos parámetros máis extremos, buscando que non se me queimara o sensor, básicamente. ISO mínimo, diafragma máis pechado e velocidade máis rápida. O "cuarto minguante" quedou relativamente ben, pero o noso satélite sae completamente negro mentras o sol sae branco. Non debera ser así (preme). Quizá axudaría un filtro polarizador na lente, por dicir algo.

OM-1 + Panasonic 100-300 mm  f:5,6   ISO:80   V:1/32000   F:22

OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 + MC1,4x   ISO:80   V:1/32000   F:22

   A lúa seguía a tapar o sol e cambiei o obxectivo para volver fotografar a praza, moi escurecida xa.

OM-1 + Panasonic 14-42 mm f:5,6   ISO:200   V:1/640   F:8

      O momento máis difícil foi a fase de totalidade. Eu na pantalla da cámara apreciaba unha maior exposición da escea; sen embargo as imaxes saíron completamente subexpostas. Un desastre!

Imaxe tal como sae da cámara en JPEG

    Tiven que esmerarme no revelado para que se vise algo, subindo a exposición artificalmente catro pasos, coas consecuencias que iso ten. Polo menos así parécese algo ao que ocorría en directo.

Toma anterior procesada con Lightroom (+4.00 exposición)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 + MC1,4x   ISO:200   V:1/12800   F:13

  Nestoutra foto subín a exposición cinco pasos sobra a orixinal. Aínda así queda máis escura do que había na realidade.  Non puiden captar nen as famosas perlas de Baily, nen a coroa solar, nen gaitas. Únicamente unhas protuberancias solares (en vermello).  

OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 + MC1,4x   ISO:200   V:1/6400  F:10

  Quería rematar con outra foto da praza e a eclipse de fondo. Non houbo maneira. Na pantalla da cámara vía a escena ben iluminada, pero logo as fotos saían negras de todo. Un horror.

OM-1 + Panasonic 14-42 mm f:5,6   ISO:200   V:1/2500   F:10

  Deixei o balanzo de brancos tal como saíra do modo automático. Case coa mesma temperatura e matiz unhas saen máis verdes e outras máis maxentas. Supoño que será consecuencia de telas aclarado tanto co Lightroom.

OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 + MC1,4x   ISO:200   V:1/6400  F:10

     Por desgraza non vai haber próxima vez. O pior é que probablemente non me pasaría nada se ollase polo visor. A diferenza das reflex, a OM-1 ten visor dixital e penso que non afectaría á retina. Estou completamente seguro que habían quedar moito mellor expostas. Desde logo o que eu vía na pantalla táctil non se correspón en absoluto cos resultados obtidos. Terei que ler outra vez o manual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos