Seguidores e seguidoras

martes, 18 de agosto de 2026

Tempo de picafollas musicais (Phylloscopus trochilus)

    A pasaxe migratoria das aves comeza coller forza e o picafollas musical é ún dos protagonistas desa pasaxe no relativo a paxaros, ou sexa, paseriformes. Quería republicar fotos antigas editadas co novo software e co novo hardware. Imaxes tomadas con dúas das mellores bridge pequenas que tiven: a Canon SX70 e a Nikon B700. Co tempo estou chegando á conclusión de que a B700 rozaría a perfección se dispuxera dun mellor visor, tipo P1000. É unha cámara que boto moitísimo de menos, porque case cabía no bolsillo.

Picafollas musical (Phylloscopus trochilus) 09/09/2023
Canon SX70 (focal 1365 mm equiv.)    ISO:160    V:1/1000   F:6,5

   Por desgraza borrei os RAW das tomas feitas coa SX70. Só teño os recurtes que fixera para o monitor antigo, duns raquíticos 600x800 píxeis. Qué importante é gardar os arquivos RAW das fotos que tomemos! 

Picafollas musical (Phylloscopus trochilus) 09/09/2023
Canon SX70 (focal 1365 mm equiv.)    ISO:160    V:1/800   F:7,1

Picafollas musical (Phylloscopus trochilus) 09/09/2023
Canon SX70 (focal 1365 mm equiv.)    ISO:160    V:1/800   F:7,1

Picafollas musical (Phylloscopus trochilus) 09/09/2023
Canon SX70 (focal 1365 mm equiv.)    ISO:100    V:1/800   F:7,1

  Uns anos antes sacara unhs fotos tamén bastante chulas a outro picafollas musical comendo nos fiunchos. Poucos paxaros hai tan doados de fotografar cunha cámara bridge. Neste caso si gardei os orixinais, que puiden editar mellor e revelar a un tamaño máis axeitado.

Picafollas musical (Phylloscopus trochilus) 14/09/2019
Nikon B700 (focal 1440 mm equiv.)    ISO:140    V:1/800   F:6,5

Picafollas musical (Phylloscopus trochilus) 14/09/2019
Nikon B700 (focal 1440 mm equiv.)    ISO:110    V:1/640   F:6,5

Picafollas musical (Phylloscopus trochilus) 14/09/2019
Nikon B700 (focal 1440 mm equiv.)    ISO:125    V:1/800   F:6,5

   É tempo de musicais! E aínda por riba temos a Rodri no Barça. Qué máis se pode pedir?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos