Antes de nada, unha cousa previa. Cando botei andar este blogue decidín que se publicarían todos os comentarios sen aprovación previa e sen censura.
Pero só pido unha condición: que a persoa autora do comentario teña a cortesía de presentarse. Aínda que se teña que subir o comentario como "Anónimo" por carecer de conta en Google, non hai desculpa para non asinar ao final co nome de pila, como mínimo. Penso que é un detalle de educación básica. Isto non é un chat de adolescentes, onde se ecribe sen maiúsculas, sen signos de pontuación ou con "avatares", emoticonos e demais. O que non saiba escribir que non o faga aquí.
E os que queiran escribir baixo psudónimo poden facelo en colunas da prensa ou dedicarse a publicar novelas. Pero no meu blogue, por favor, non.
E agora, despois da publicidade, vamos coa entrada. Grazas.
Este ano a Sociedade Galega de Historia Natural realizou por primeira vez o censo de acuáticas nos diversos humidais que se atopan dentro da mina e da escombreira de As Pontes. Ou sexa, o famoso lago e máis unha ducia de charcas de pequeno ou mediano tamaño que hai espalladas por toda a escombreira.
Como me autorizaron a publicar as fotos pois intentarei percorrer con vós a zona, de titularidade privada por agora e polo tanto de acceso restrinxido.
A visita comezámola eu e máis Pepe Vidal polo lago das Pontes, que nos recibíu cun día precioso, 2º C de temperatura, algún orballo, e un vento moderado que aumentaba a sensación de frío. Vamos, o que se dí un día ideal para censar e tomar fotografías....
Co nivel de auga en crecimento, a vexetación palustre aínda é moi escasa. A partir deste ano, a vida vexetal e animal iráse asentando paseniñamente. Por agora apenas había medio centenar de patos (Anas platyrhynchos, básicamente), 15 Mergullóns pequenos (Tachybaptus ruficollis), e unhas poucas Garzas e Corvos mariños. Hai que destacar, iso si, a observación de 2 Biluricos alinegros (Tringa ochropus), pequena e solitaria limícola moi escasa como invernante pola nosa zona.
Pero o mellor de todo non foi unha acuática, senón un fermoso Esmerillón (Falco columbarius) que se pousou na beira do lago. É o falcón máis pequeno de Europa, pouco maior cunha rula (pero ten unha mala hostia...buf!)
Este exemplar era unha femia (ou quizá xuvenil), como a maioría dos Esmerillóns que nos visitan.
Logo comezamos a exploración das charcas e lagoíñas artificiais que hai na escombreira.
De camiño, Pepe sacou unha foto a esta charca moi chula. Ao fondo, un recuncho do imponente lago, de cinco quilómetros de longo, e dous e pico de ancho. Bueno, ser... é unha mincha de lago comparado con calquera lago europeu, pero nestas terras nas que brillan pola súa ausencia, será algo único no futuro e ben merece un comentario
A primeira charca que censamos foi a Charca de Pena Porreira, que é a balsa de decantación de lodos da mina. Prácticamente semella unha lagoa natural, cunha boa cobertura de vexetación palustre de Espadana (Typha latifolia) e moi pouca profundidade. Desde logo ten unha pinta magnífica como lugar de reprodución para certas acuáticas. A ver se nos deixan volver na Primavera.
Alí observamos un bando de 16+ Cercetas (Anas crecca), moi metidas entre a canaveira, e un grupiño de 7 Patos culler (Anas clypeata)
E paro aqui, que teño que cear..
Ata a próxima entrega!
Muy chulas as fotos.J.Cancelo.
ResponderEliminarGraciñas, Jorge. O clima non axudou moito aquel día tampouco.
ResponderEliminarAlégrome de que deras co dos comentarios. Vémonos mañá no choio.