Seguidores e seguidoras

venres, 10 de febreiro de 2012

Unha de bichos de verdade

En ocasións especiais este blogue fai entradas fóra da temática naturalista. Hoxe non pode evitalo.

 A recente inabilitación dun xuíz democrático (con quen non simpatizo especialmente), debido ás investigacións que estaba levando a cabo para restituir a xustiza coas vítimas do franquismo é algo que enche de vergoña a calquera que se considere demócrata.


  Non serei eu o que defenda as actuacións deste maxistrado (a xustiza debe ser igual para todos). Pero resulta escandaloso que unha organización fascista ("Manos limpias") poda inabilitar a unha persoa, por investigar os horríbeis crímenes da ditadura. Por pretender unha identificación digna para os enterrados nas fosas comúns.



 Probablemente isto na Unión Europea sería inconcebíbel. Pero... "Spain is different".


 Certamente que Europa empeza nos Pirineos...

4 comentarios:

  1. Tu si que tienes un blog fantástico Xabi, lo mio en comparación es el de un niño que empieza a escribir jejejeej!!!
    Felicidades de verdad!!
    Una maravilla.
    Enhorabuena

    ResponderEliminar
  2. Vale, tío (ou tía), pero se te identificas poderei contestarte.
    Cando tiña dez anos ensináronme na escola a firmar as cartas.
    Pero tan difícil será?
    Tanta tecnoloxía está acabando co máis básico: A CORRECTA COMUNICACIÓN.

    ResponderEliminar
  3. entré como anónimo porque no tenía la cuenta abierta, pero soy Pierino de avescatalanas.
    sigo por aqui viendo tus fotos.
    Pierino

    ResponderEliminar
  4. Vale Pierino, como ves é moi fácil identificarse ao final do texto, aínda que publiques o comentario como "Anónimo".
    Cando te empecen a chegar mensaxes así en Aves catalanas entenderás mellor o que dixen.

    E moitas grazas polas túas palabras. Iso mesmo é o que penso eu cando vexo o blogue de outros colegas máis avanzados (como Rubén Portas, por exmplo)

    Eu sigo mirando as fotos do Llobregat grazas ao teu estupendo traballo!

    Un abrazo!

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos