Veñen boas novas desde terras e augas de Valdoviño!!. Esta mesma mañá (8,45 horas) a lagoa decidíu que estaba farta do pasotismo e incompetencia das autoridades e, como unha moza nos bailes de antano, debeu pensar: "se el non se decide, eu tomo a iniciativa". E rompeu a barra, con toda a forza virxinal que gardou durante estes meses.
As aves e o resto dos habitantes da lagoa agradecerano moito, moitísimo. A Frouxeira volve ser a lagoa que todos queríamos. Só os máis fanáticos e cegos quedarán desorientados agora, sen argumentos, mentras ven como a lagoa volve a quedar "seca". Pero esta vez non hai ninguén a quén botarlle a culpa, pois se tratou dun fenómeno absolutamente natural..
Parabéns a todos. É un día feliz para todos os naturalistas ferroláns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos