Por fin!, logo de meses pelexando, conseguín instalar unha aplicación para traducir este blogue. Pois son moitas as visitas que recibín doutras rexións do Estado, e mesmo doutros estados europeus (varios centos de Alemaña, Rusia ou Francia). Así pois, creo que é o correcto facilitar a lectura a estas persoas.
O malo é que o tradutor de Google é o que é, xa o sabemos como van estes programas automáticos... Unha ferramenta moi básica que, en ocasións, complica máis do que aclara. Pero foi o único que puiden atopar.
Tentarei escribir xa que logo da maneira máis correcta, desde o punto de vista gramatical e semántico, para facilitar o traballo da tradución automática, aínda que sei que moitas frases van ser cambiadas. Fixen probas co inglés e o español, e xa vin os enormes erros que se han dar para estes idiomas. Pero no caso do portugués, sen embargo, a tradución era case perfecta, por motivos obvios (proximidade idiomática). Non sei noutras linguas como será a cousa....
Polo de agora seguramente continuarei a facer entradas en galego, intercalando algunhas en español.
Déixovos cunhas fotos de onte, pertencentes ao concello de Valdoviño. Son de varias parcelas de prado onde a nidificación da Folosa manchada (Locustella naevia) é bastante probábel.
Como se aprecia, estas fincas están hoxe case abandoadas, e cubertas por umbelíferas e silvas (que parecen ser as ubicacións predilectas para as Folosas). Aínda que hai algun prado onde se mantén a actividade da sega.
Folosas non vin, pero si unha parella de Chascos comúns (Saxicola torquata), omnipresentes en calquera espazo aberto galego.
Ésta é a femia:
..e éste é o macho:
Vémonos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos