Seguidores e seguidoras

mércores, 25 de abril de 2012

Probas con estabilizador

Ontes pedínlle a Pepe Vidal se me podía prestar o seu obxectivo durante uns días. Quería averiguar se o problema que teño coa reflex é derivado directamente da falta de estabilizador ou máis ben é defecto de técnica ao enfocar. Porque case todas as fotos que tomo coa Canon sáenme moi movidas..
 Así que montei o seu 55-250 con estabilizador de imaxe e me fun directo ao primeiro sitio que se me ocorreu, para saír de dúbidas dunha vez por todas.
 O día non era o máis axeitado para sacar unhas imaxes boas. Pero éstas que saquei na lagoa da Frouxeira serían literalmente imposíbeis co meu 300 sen estabilizador.

   Pato rabilongo (Anas acuta)



                                Estreliña riscada (Regulus ignicapillus)



                                Ferreiriño común (Parus ater)



 En fin, resultado da "investigación": non hai color. O problema que teño non é de enfoque, senón a falta do dichososo estabilizador, algo que esixe unhas condicións de luminosidade moi boa, e unhas altísimas velocidades se o obxecto está a certa distancia. Polo tanto é este o problema principal causante da pobre calidade na maioría das fotos que tomo coa Canon.
 A facilidade que conleva o emprego do estabilizador é brutal. Ata en condicións de luz pésima, como estes paxaros, metidos entre a follaxe nun día invernal, é posible facer unhas capturas decentes (haberá que aforrar...). E mentras sigamos con este tempo invernal terei que seguir usando a bridge.

1 comentario:

  1. Bos días, Xabi,

    ¡Noraboa polas fotos!
    Antes de seguir, confirmarche a disponibilidade do obxetivo cando o precises.
    A cambio, vouche facer unhas preguntas:

    ¿Enfocahes manual ou auto?
    ¿Programa auto, Tv, Av, M?
    ¿Que parámetros usache para os disparos: velocidade, diafragma, ISO, luminosidade?
    Apertas.
    Pepe Vidal

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos