Aproveitando que estou un días de baixa (problema de menisco, probablemente) estiven hoxe con Pepe por Valdoviño. E, con enorme pesar, comprobei a destrución do niño que unha parella de Folosas manchadas (Locustella naevia) fixeran baixo unha silveira do concello.
Os labores de limpeza de cunetas cunha desbrozadora son os causantes da desaparición deste niño. Quizá ún dos poucos coñecidos desta escasa especie en todo o país. Non fai falta dicir o grave deste caso, xa que podíamos ter nel unha fonte importante de información para aprender algo sobre os seus hábitos reprodutivos na comarca de Ferrol. Pero agora vai ser moi complicado atopar a localización doutro niño, dados os costumes discretos desta folosa. Porque este niño estaba, coma dixen antes, nun lugar sorprendente, e moi delicado (daí as miñas reservas a compartir a información do mesmo). Estaba onde marquei un círculo vermello. Si, nunha cuneta!!
Hai dúas semanas sacara esta foto mentras a parella se afanaba en aportar material ao niño.
Agora todo rematou, de maneira brusca. Cómpre estarmos atentos, a partir de agora, para ver se esta parella inicia unha segunda nidada, ou ben se se confirman outras parellas dentro de Ferrolterra.
Déixovos coa foto estupenda dunha Folosa manchada que me pasou amablemente Pablo Gutiérrez (sinto poñer a foto nunhas circunstancias tan tristes, Pablo, non sabes o pao que levei).
Unha pena.

Pois sí, vaia nova tan triste... Esperemos que intenten unha nova nidada e teñan mais sorte.
ResponderEliminarApertas,
Juan
Ben, hai que entender que a práctica do desbroce de pistas é unha práctica normal e supoño que (ata certo ponto) comprensible.
ResponderEliminarA parte boa é que a folosa ten moito hábitat disponíbel na zona, como demostra a súa tradicional abondancia no pasado. Así que non creo que teñan problemas para atopar outro lugar de aniñamento. A putada é que hai unha posibilidade entre un millón de que poidamos localizar e observar outro niño tan ben coma éste.
Unha aperta
Aquí en Alcorcón empezan agora a podar as árbores e os setos, moitas parellas que comezan a facer o niño destrúenllo.
ResponderEliminarÉ o que hai, José...O malo é que se trata, neste caso, dunha especie moi rara e pouco coñecida por aquí.
ResponderEliminarHaberá que estar atentos.
Graciñas por comentar.
Unha aperta
Hola Xabi.
ResponderEliminarUna pena muy grande leer esta noticia. Espero que puedan encontrar otro lugar. Ahora que conozco, gracias a ti, su característico canto, estaré más atento a ver si se localizan más ejemplares.
Saludos.
A ver se é así, Pepín. A tempada de cría aínda acaba de empezar. Malo será.
ResponderEliminarUnha aperta.