Durante o Nadal dei un paseo por áreas semi-urbanas de Ferrol. Apenas un par de horas pola mañá, para estirar as pernas, pero aproveitei para darlle caña á fotografía.
Rula turca (Streptopelia decaocto)
Estorniño pinto (Sturnus vulgaris)
Pica dos prados (Anthus pratensis)
Neste paseíño puiden anotar as seguintes especies observadas:
Gaivota patimarela (Larus michahellis)
Pombo (Columba palumbus)
Rula turca (Streptopelia decaocto)
Lavandeira branca (Motacilla alba)
Lavandeira enloitada (Motacilla alba yarrelli), probábel
Lavandeira real (Motacilla cinerea)
Pica dos prados (Anthus pratensis)
Paporruibo (Erithacus rubecula)
Carrizo (Troglodytes troglodytes)
Azulenta (Prunella modularis)
Rousinol bravo (Cettia ceti)
Merlo (Turdus merula)
Tordo común (Turdus philomelos)
Colirrubio (Phoenicruros ochruros)
Picafollas común (Philloscopus collybita)
Estreliña riscada (Regulus ignicapillus)
Ferreiriño real (Parus major)
Ferreiriño negro (Parus ater)
Papuxa das amoras (Sylvia atricapilla)
Papuxa de cabeza negra (Sylvia melanocephala)
Estorniño pinto (Sturnus vulgaris)
Estorniño negro (Sturnus unicolor)
Pimpín común (Fringilla coelebs)
Úbalo (Carduelis spinus)
Xílgaro (Carduelis carduelis)
Pega (Pica pica)
Paporrubio (Erithacus rubecula)
Estreliña riscada (Regulus ignicapillus)
As vías do tren dividen o que é un barrio evidentemente urbano do que é zona case rural: a parroquia de Santa Mariña, ao norte da cidade de Ferrol.
Acó aínda podemos ver lugares onde o salgueiro, o bidueiro ou a silva gañan terreo sobre o asfalto artificial e inumano. Persoalmente esta zona góstame máis na Primavera, aínda que agora tamén posúe unha morea de emplumados ocupantes que alegran calquera paseíño matutino, como o que dei a semana pasada, aproveitando unha desas mañás soleadas que tivemos.
Unha Lagartixa galega aproveitaba unhas raiolas de sol para coller un pouco de temperatura. Porque (hai xente que non o sabe) os nosos lacértidos pequenos móstranse activos tamén en días soleados do inverno, grazas á suavidade das temperaturas que se dan na faixa litoral. Este endemismo do noroeste ibérico adaptouse especialmente ben ás construcións e solares das zonas urbanas galegas, onde case resulta difícil non velo.
Lagartixa galega (Podarcis Bocagei)
Máis adiante falaremos das canles inundadas que hai paralelas á vía do tren, un auténtico paraíso para varias especies de anfibios, coma a Rá verde (Rana perezi) ou os tritóns (Lissotriton spp)
Ata outra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos