Seguidores e seguidoras

sábado, 26 de xaneiro de 2013

Paciência...e Pardais

  Passam os dias, que já somam 16. Desde hai anos penso que as mulheres, específicamente as nais, som seres superiores aos homens. Lembro umha moça que tivem, alá polo Paleolítico superior, que me dizia que se os homes fossem os que tivessem que parir, a raça humana extinguiria-se. Por certo, que ela si que era umha filósofa de verdade (de carreira universitária).
   E quando som testemunha da infinita capazidade de aguantar o sofrimento que tenhem, penso isto com maior força aínda. Porque o post-operatório que estou a contemplar dia tras dia seria realmente insoportável para moitos de nós (cheguei a escoitar-lhe que "...isto é muito pior que um parto"). Juntárom-se duas operaçoms que se interfirem mutuamente nos seus respectivos processos pos-operatórios e que convertem esta fase em um auténtico calvário para o paciente. Em fim... cambiemos de tema.

 Com risco de aburrir à "parroquia", hoje tocam de novo fotos de Pardais (Passer domesticus). Pertencem à "Banda do hospital", umha perigosa organiçaçom plumífera que se adica a expoliar os restos de pam aos incautos visitantes, atacando desde o Ciprés da entrada coa máxima violência.


 Éste da foto anterior já tem umha mirada maliciossa...mmmm



  Ésta última semelha umha foto para o bilhete de identidade. No olho do protagonista aparece umha mancha negra que mesmo poderia ser o fotógrafo, pero nom estou seguro.

Obrigado.

2 comentarios:

  1. Xabi: que no sabía que has estado con problemas de hospital. Supongo que fue por tu mpierna y que debemos hablar en pasado porque todo lo peor habrá pasado ya. Eso te deseamos las aves de Galicia y los mamíferos que te apreciamos (y te decía en un email raecio a salir, "y te admiramos".
    Un fuerte abrazo de José Curt

    ResponderEliminar
  2. Primeiro de todo, é unha auténtica honra recibir a visita en "Bichos" dun naturalista da talla extraordinaria de José Curt, mestre de enorme influenza nos afeizoados que pasamos dos corenta, para os que foi unha persoa de referencia obrigada, como amante e estudante precursor da nosa Natureza nas décadas dos sesenta e setenta. E a quen tivemos a sorte de coñecer o ano pasado moitos amigos aproveitando a súa visita por aquí.
    E, como che dicía na entrada anterior, José, contéstoche agora aos dous comentarios que fixeches:

    - As fotos son efectivamente cunha compacta avanzada ("bridge"), máis ou menos como a túa Lumix, pero máis moderna. A Canon SX50, para máis señas. Nin que dicir ten que estou ilusionadísimo con ela. Non me canso de repetir que é a máquina perfecta para o naturalista, na miña humilde opinión (ollo, que dixen "naturalista", non fotógrafo....)
    - O do hospital foi que operaron a miña nai dúas veces nunha semana. Xa che conto no correo persoal, pero dame algo de tempo que apenas teño tempo para nada. Desde logo foron dúas semanas moi jodidas.
    Por certo, José, vas "flipar" (xa sei que detestas as comillas, perdón) cunha cousa que te vou contar. Ten que ver cos alemáns... e con meu abó, que traballaba de muñeiro, para eles!. Seguro que xa estás botando unhas risas...

    Un forte abrazo (e para quieto, coño, que tanta viaxe non pode ser boa)


    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos