Seguidores e seguidoras

sábado, 12 de xaneiro de 2013

Tempo de hospital

   Supoñíase que hoxe eu había andar contando mazaricos, mobellas e asubiadores en Ortigueira....pero un pequeno accidente doméstico provocou que toquen días de hospital. Esta semana han ser moitas as horas que bote por alí, así que os censos xa non teñen importancia para min, obviamente.

   Non obstante sempre hai tempos mortos, mesmo nestas circunstancias. Ben porque estás á espera de que remate a operación no quirófano, ou ben esperando a que trasladen a miña nai da UCI para pranta, ou mentras lle fan máis placas, ou durante as análises. Así que se me ocorreu levar a cámara por se había algo que afotar nestes ratos libres, coa idea de facer a espera máis levadeira. A observación da Natureza pode ser tamén unha terapia que nos axude a sobrelevar con maior entereza as dificultades, algo que saben moi ben varios dos seguidores de "Bichos".

   Casualmente atopeime nun arbusto do aparcadoiro cun Pardal que tamén estaba "pachucho". Alomenos foi a sensación que me deu pola súa confiada conduta e por algunhas marcas que amosaba na faciana e na plumaxe. Non entendo moito disto, pero tiña pinta de estar padecendo algunha enfermidade.


 Na seguinte imaxe mesmo tiven que empregar o modo macro, do perto que estaba de min. Non esaxero se digo que estaba ao alcanzo da miña mao.

 Pardal común (Passer domesticus)

  Déixovos con outros habitantes e habitantas habituais no aparcadoiro do hospital público de Caranza.

Pombo (Columba palumbus)

Colirrubio (Phoenicuros ochruros), femia

 Intentaremos seguir informando.

24 comentarios:

  1. Animo Xabi, e que todo saia ben.
    Saudos.
    Javier Río.

    ResponderEliminar
  2. Saudos Xabi
    lembro un dito, que agora non sei de onde o saquei pero reflexa moi ben o espirito positivo que temos moitos de nós ainda que as cousas non vaian como nos gustaría. Cando o camiño se fai duro, os duros comezamos a camiñar.
    Animo Xabi
    apertas

    ResponderEliminar
  3. Boas Xabi,
    e impresion miña ou ten o peteiro revirado?.
    Agardo que o accidente domestico quede nun susto.

    Cesar

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois si que parece medio "Cruzabico". Este leu a entrada do Forgoselo e quería protagonismo...

      Eliminar
  4. Ánimo Xabi...Unha aperta.

    Que non sexa nada.

    (Xa me vou decatando do acertadamete que resolviches os teus pesadelos)

    ResponderEliminar
  5. Efectivamente, Xabi, algúns sabemos moi ben que a natureza e a fotografía poden ser unha gran terapia, sobretodo para a ansiedade que causan certas reviravoltas da vida. Un gran desexo de que tua nai se recupere canto antes. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  6. Escrebo desde o móbil, así que serei breve. Moitas grazas a todos. O percance resultou nunha fractura de cadera. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  7. Buena avería; una pena. Alegría y paciencia!
    Me repito, pero esa cámara es la reoxtia.

    ResponderEliminar
  8. Moito ánimo Xabi e que a recuperación sexa rápida.

    ResponderEliminar
  9. De novo, graciñas. Pero quen rompeu a cadera foi miña nai, Martiño e Toñete. Pensades que había eu andar de paseo afotando recén saído do quirófano cunha prótese?
    Un abrazo, máquinas
    PD: Mikel:...ES la reoxtia
    PD: Rafa: Xa non teño pesadelos con ela, agora son sonos eróticos
    GRAZAS A TODOS!!!

    ResponderEliminar
  10. Unha aperta Xabi! De seguro que se vai repoñer a tüa nai. Como de seguro que os bichos de Ortigueira te botaron en falta.

    David Martínez Lago

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas, David. Tendo en conta as "circunstancias" (que xa coñeces) a cousa está indo moi ben, en todos os sentidos. Agora quédanlle catro días máis de hospital, onde xa pasou o pior, e logo xa vén para casa.

      Cun pouco de sorte aínda vou ter tempo para pasar revista aos meus bichiños de Ortigueira.

      Eliminar
  11. Ánimo Xabi, espero que a túa nai se recupere pronto, e que todo vaia ben.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  12. Os que seguides o blogue xa sabedes que sempre resposto cada comentario de maneira individual, pero nestas circunstancias sei que comprendedes que vai ser diferente.
    Grazas, Toñito, David, Martiño, Toñete, Mikel, Pepe, Rafa, César, Emilio e Javi. Tamén Victor, Pepe Vidal e Paco(que me chamaron por teléfono)

    ResponderEliminar
  13. Xabi! Acabo de ver o post, non sabía nada, síntoo, espero que se mellore pronto, e para ti que os ánimos estean sempre arriba.

    Unha aperta,
    Damián

    ResponderEliminar
  14. Xabi! Acabo de ver o post, non sabía nada, síntoo, espero que se mellore pronto, e para ti que os ánimos estean sempre arriba.

    Unha aperta,
    Damián

    ResponderEliminar
  15. Moitos ánimos Xabi. Que todo saia ben.

    Unha aperta,

    Juan Gómez

    ResponderEliminar
  16. Un abrazo Xabi. Por desgraza sei ben como van estas cousas.Que a evolución sexa a mellor posible.Moito ánimo.

    ResponderEliminar
  17. Que todo salga bien Xabi, Un abrazo muy fuerte y sobretodo muchos ánimos.

    ResponderEliminar
  18. Por non repetir os agradecementos a todos vós, direivos que a cousa vai ben. A "protagonista" xa se pode sentar e hoxe poola tarde vamos botar unhas carreiras polo pasillo adiante coa axuda do andador.

    PD: Grazas, rapaces (Marcos, non te queixes, que te inclúo no de "rapaces")

    ResponderEliminar
  19. Alegrámonos moito de que a cousa vaia ben. Moitas apertas e ánimos!!!

    ResponderEliminar
  20. Ánimos e paciencia para a túa nai, que é quen o necesita realmente.
    Apertas.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos