Logo do susto de onte, semella que vén algo de luz por aquí. A segunda intervención debíase a un problema menos grave do previsto inicialmente (pero que non evita que miña nai pase uns días máis no hospital, moi baixa de ánimo xá, e de forzas tamén). Organizámonos entre os irmás, e grazas a eles disporei máña dun día de "libranza", así que (se non hai máis sopresas...) poderei ir con Paco a Ortigueira a censar aquilo e tomar algo de aire fresco para recuperar enerxías, que boa falta me fai.
Grazas a todos e a "toda" (Perdoa que non te contestara o comentario, Inés,.. xa sabes como ando)
Espero que vaia todo ben amigo.
ResponderEliminarUnha aperta!!!
Damián
Pois si que tiveches un xaneiro revirado, e inda por riba elixes para censar a fin de semana do Gong, coidado coas arbores e demais..
ResponderEliminarApertas,
Cesar Ayres
Grazas meiriños.
ResponderEliminarGraciñas a ti, pola túa dedicación ao blogue a pesares das circunstancias Xabi. Unha aperta e ánimo.
ResponderEliminar