Un voyeur na Frouxeira (foto cortesía de Antonio Gutiérrez)
Dito isto, sempre vos dixen que este espazo naturalista mantívose grazas ao seguemento de todos e todas vós. Quero adicar unhas palabras especialmente ás persoas que teñen a cortesía básica de comentar e presentarse, valorizando así o esforzo que se fai para ofrecer unha entrada atractiva, con textos ben feitos e fotografías de calidade suficiente.
Ao longo deste tempo fóron moitos os folgos que me aportaron xente coma Cosme Damián, Martiño Cabana, César Ayres, Quique Sampedro, Pepe Vidal, Paco Girón, Inés García, Eloi, Carlos, Paula, José Luis, Víctor, Jorge.... e tantos outros, incluído o mestre José Curt. Con unha lembranza moi especial para Pepe García Vizoso e José Angel Rodríguez, vítimas desa enfermidade terríbel que é o cancro, e que nos deixaron a pasada Primavera.
Porque este ano 2013 está a ser verdadeiramente un auténtico "anus horribilis" para moitos e moitas de nós, como me tedes comentado en correos persoais. A nivel persoal as imaxes que me quedan na memoria son: hospital, disgustos, máis hospital, máis responsabilidade, problemas na comunidade de veciños, incertidume laboral propia e de amigos, perda para sempre de amigos, conflitos familiares, perda de vacacións... para qué seguir! Sen embargo, o mes de Agosto tróuxome varias novidades que quizá acaben transformando este verán nun período inolvidable.
Onte visitaba a Praia dos Botes e tiña ocasión de afotar un grupiño de Pilros tridáctilos (Calidris alba) que rebulían case entre as patas dos bañistas con total confianza. Recoñezo que non son as miñas mellores fotos (onte non tiña a mente concentrada neles). Pero alomenos botamos un ratiño desfrutando con estas pequenas aves, que chamaban tamén a atención dos paseantes.
Pilros tridáctilos (Calidris alba)
É ben sabido que a vida é unha caixa de sopresas. Un día estás lamentando unha perda, estresado sen durmir por un grave problema ou padecendo algunha lesión que te amarga durante días, e ao día seguinte pode aparecerche a ocasión de escreber un libro, tocarche a lotaría, atopar a persoa que che pode cambiar a vida ou plantar un carballo. Quizá este ano non acabe tan mal despois de todo e poda lembrarme del con alegría..
Unha aperta moi grande e grazas por seguirme.
Iso, mellor tomalo con humor e optimismo, porque tal e como estan as cousas. Paro, corrupcion, ulceras, stress..
ResponderEliminarPolo menos ollando os blogues botamos un rato relaxando a mente.
Apertas,
Cesar Ayres
Botamos, César.. E desde logo que un sentido do humor desenvolvido axuda moito a conlevar os problamas.
EliminarPor certo, sigo con problemas para ver os comentarios desde que cambiaches o formato do blogue. Non sei como cheguei a facer un comentario na entrada do 20 de Xullo (das prantas invasoras) pero agora non podo velo, nin a resposta.
E un problema de blogger co formato, de feito as veces eu tampouco podo ollalos. Se o fondo do blogue esta en branco e que non cargou ben o formato, ten que ter o fondo verde. Tentarei solucionalo.
EliminarGrazas a ti Xabi polo post. Di moito (para ben) dunha persoa que é agradecida e considerada cos demais. Se ademais esa persoa é un excelente naturalista, brillante escritor e decidido a compartir o seu coñecemento cos demais, é normal que moita xente xa non só che teña aprezo, senón admiración.
ResponderEliminarParabéns polo segundo aniversario de Bichos. E que veñan moitos máis.
Desexándote todo o mellor, despídome ata a próxima.
Damián
Que me vas poñer colorado, Damián... és moi amable. A ver se mañá fago outro post, aínda que xa coñeces que o "proxecto" que teño en mente (ou en corazón, falando con propiedade) é bastante complexo e me vai consumir bastante tempo.
EliminarUn abrazo moi forte, crack.
Parabéns polo aniversarioa Xabi. O gusto é noso por poder desfrutar das túas saídas e experiencias e esas fantásticas fotos. A verdade e que estou aprendendo un montón sobre aves contigo.
ResponderEliminarApertas e por aqui seguimos (aínda que esta semana coas vacacións pouco ando en internet)
Grazas, Inés. Voute facer "comentarista oficial" de Bichos, je, je
EliminarUnha aperta.
Comenta un bon amigo pescador, aparte da esterqueira na que se está convertindo Sabón entre microcystis e alagazos varios, do gan número de poliños de galiñola que hai no embalse.
ResponderEliminarEiquí tendes o enlace http://santinitas.blogspot.com.es/2013/08/salida-mananera-en-kayak.html?spref=fb
Si, xa mirei o blogue e lle fixen un comentario. Metín o enñlace tamén no foro de Galiciaves, por certo. Paréceme un post interesante.
EliminarSúmome ás felicitacións. Durante estes dous anos 'bichos' xa e toda unha referencia do naturalismo galego. E que siga moitos mais.
ResponderEliminarGrazas por compartir.
Apertas,
Juan Gómez
Non sei eu se "Bichos" chegará a ser iso que dís, pero grazas, Juan.
EliminarUnha aperta.
Levo un par de semanas algo desconectado, e estaba facendo un repaso rápido das últimas entradas de Bichos, cando lin esta. Non quero deixar pasar a oportunidade de darche tamén os meus parabéns, xunto co desexo de que este espazo siga crecendo e cumprindo moitos máis anos.
ResponderEliminarApertas.
Grazas a ti Quique, por darme ánimos coa túa presenza regular.
EliminarUn abrazo.