Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo) con anátidas no fondo
Hoxe o problema máis importante foi o vento. O meu trípode é de gama media e non atura estes ventos racheados tan fortes. O seu movimento imposibilitaba moitos conteos e tamén a fotografía con velocidades de obturación lentas (algo que resultaba vital nesta escura mañá).
Patos rabilongos (Anas acuta, en primeiro termo) e asubiadores (Anas penelope)
Alomenos puiden afotar testemuñalmente aos glamurosos cisnes grandes, unha raridade en moitas partes da Península mais chega con certa frecuencia á nosa comarca (á lagoa da Frouxeira e á ría de Ortigueira sobretodo).
Cisnes grandes (Cygus cygnus) entre a xunqueira salgada
Cisne grande (Cygnus cygnus)
E tamén a varios exemplares de pentumeiro, un pato mariño que ten grande querencia polo consumo de caranguexos.
Pentumeiros comúns (Melanitta nigra)
Sony RX10 III focal 220 (600 mm) ISO: 250 V: 1/400 F: 4
Ben, poño os poucos dados que puiden recoller nesta desapacíbel xornada:
- 6 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
- 3 Garzas brancas (Egretta alba)
- 7-9 Garzas boieiras (Bubulcus ibis). Xa podemos considerar esta especie coma invernante regular na comarca de Ferrol (con cifras moito máis modestas ca na mariña luguesa)
- 23 Cullereiros (Platalea leucorodia)
- 2 Cisnes grandes (Cygnus cygnus). Ao principio nin lles fixera caso, pensando que eran cisnes vulgares (anátida americana invasora xa instalada na ría). Durante un varrido de censo vinos mellor e decateime do que eran
- 31 Culleretes (Anas clypeata)
- Centos de asubiadores (Anas penelope)
- ++ Patos rabilongos (Anas acuta). Imaxino que xa superaban o centenar
- 1 Pato bastardo (Aythya marila)
- 26 + Pentumeiros comúns (Melanitta nigra)
- 12 + Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola)
- 62 + Biluricos claros (Tringa nebularia)
- 116 Biluricos comúns (Tringa totanus). Censo completo
- 380 Pilros comúns (Calidris alpina)
Foto de familia na ponta do Cavalar
Mazaricos reais (Numenius arquata). Parte do grupo
Biluricos comúns (Tringa totanus) autodisparo sobre trípode
Nikon B700 focal 161 (900 mm) ISO: 100 V: 1/ 50 F: 7,1
E con esta bonita imaxen dos biluricos descansando na preamar despedímonos por hoxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos