Mobellas grandes
Mobella grande (Gavia immer)
Nikon P1000 focal 540 (3000 mm) ISO: 100 V: 1/500 F: 8
Ontes tivemos unha mañá de sol e aproveitei para probar a cámara con boa luz, onde se comporta coma outras bridge. Logo dun pouco de edición dixital corrixindo altas luces o corpo desta garzota quedou con "textura" dabondo, penso.
Garzota común (Egretta garzetta)
Nikon P1000 focal 503 (2800 mm) ISO: 100 V: 1/500 F:8 Exp matric: -0,7
A Nikon P1000 sofre igual que outras bridge cando hai fortes contrastes, do tipo dun ave negra sobre fondo claro. Son incapaz de borrar completamente esas liñas pantasma. Sen embargo unha imaxe con varios corvos mariños cristados xuntos sempre é gostosa de ver (porque o declínio desta especie mete medo tamén).
Corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis)
Carrán cristado (Sterna sandvicensis)
Nikon P1000 focal 306 (1700 mm) ISO: 110 V: 1/400 F: 7,1 Exp. Matric: -0,3
Se hai moito branco e o día está solloso cómpre sempre edición dixital para baixar esas altas luces.
Gaivotón (Larus marinus) subadulto
Nkon P1000 focal 395 (2200 mm) ISO: 100 V: 1/400 F:8
Con tempo nuboso as compactas levan moito mellor estes contrastes. Hoxe por exemplo, afotaba estas píllaras na praia de San Valentín, baixo un ceo toldado. As fotos quedaron moito mais equilibradas e ben luminosas.
Dispór dun rango focal tan monstroso é umha vantaxe pois podes escoller a focal que che interesa en función do encadre ou apertura que necesites.
Píllara real (Charadrius hiaticula)
Nikon P1000 focal 288 (1600 mm) ISO: 500 V: 1/200 F: 6,3
Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
Nikon P1000 focal 360 (2000 mm) ISO: 450 V: 1/200 F: 6,3
Remato cunha curiosidade. Se queredes fotografar a lúa con esta cámara, tede coidado. Co zoom óptico na máxima focal (3000 mm) o noso satélite non caberá no encuadre! Brutal.
Lúa fotografada durante o día
Nikon P1000 focal 540 (3000 mm) ISO: 100 V: 1/640 F: 8
Mimá que bem pilhache as pílharas... ;) Apertas, Damián
ResponderEliminare às mobelhas... e à garça branca... e ao resto! Vaia pepino a P1000!
ResponderEliminarE fixa-te que a segunda foto das pílharas está tirada com 1600 mm de focal, ou seja, "a metade do zoom". Suponho que representa, por fim, a bridge definitiva (com sensor pequeno).
ResponderEliminarDe todos os jeitos nom é só a cámara. Algo de culpa tem tamém o "camareiro". Ir progressando pouco a pouco desde aquelas primeiras compactas ajudou-me moito a conhecer como vam estas cámaras. E tamém a aprendizagem dum pouco de fotografia.
Esta situaçom lembra-me algo a quando era moteiro. Daquela dicia-se que havia que começar por motos de pequena cilindrada e ir subindo pouco a pouco, porque a gente que colhia de golpe umha moto gorda nom sabiam manejá-la (e moitos morriam em accidentes). Coas cámaras bridge figem algo parecido, empeçando desde aquela humilde Olympus SPZ510 e agora sinto-me moi a gosto com esta autêntica "superbike".