Seguidores e seguidoras

mércores, 11 de decembro de 2019

Nikon P1000 a pulso

  Para rematar esta serie de entradas sobre a Nikon P1000 poño unhas fotos tiradas a  pulso, onde podemos comprobar a efectividade do seu estabilizador. Vendo os resultados preliminares, semella que a estabilización de imaxe pode ser o ponto máis positivo desta cámara xunto coa sua luminosidade.

 Nikon P1000 focal 540 (3000 mm)  ISO: 560  V: 1/200  F: 8

   Unha velocidade de 1/200 seg pode parecer rápida noutro contexto pero falamos dunha focal equivalente a 3000 mm. Os fotógrafos da vella escola sempre me din aquela norma non escrita de que a velocidade debía coincidir cos mm de focal nunha equipa sen estabilizador de imaxe (para unha focal de 400 mm teóricamente o ideal sería disparar como mínimo cunha velocidade de 1/400 seg).

 Nikon P1000 focal 306 (1700 mm)  ISO: 200  V: 1/200  F: 6,3

 Non sei cómo van os estabilizadores reflex pero desde logo os das brigde modernas son espectaculares en rendimento. Tirar fotos con tres metros de focal e velocidades de 1/200 seg sen que haxa trepidación ("vibración") na imaxe é case máxico. Penso que a maioría de usuarios non saben apreciar este avanzo técnico.

 Nikon P1000 focal 540 (3000 mm)  ISO:640  V: 1/400   F:8

    Outra prova co zoom dixital, que só recomendo para casos moi concretos. Pode parecer carente de cualidade mas coa pouca luz que había tiven que usar uns parámetros case suicidas. Habería que ver esta foto con ISO baixo e unha velocidade máis apropiada.

 Nikon P1000 zoom dixital (6000 mm)  ISO:720   V:1/400   F: 8

  En uso normal non teremos que estirar o zoom até a focal máxima. De feito con paxaros e aves terrestres SOBRARÁ focal, quedándonos habitualmente en rangos intermedios, onde dispomos de máis luminosidade e máis cualidade.

 Xílgaro (Carduelis carduelis)
Nikon P1000 focal 360 (2000 mm)  ISO: 280   V: 1/250  F: 6,3

    En fin, agora só falta provar con boa luz. Iso farase esperar nestas terras de Mordor.

Paisaxe da ría. Autodisparo sobre piedra
Nikon P1000 focal 22 (125 mm)  ISO: 110  V: 1/30  F: 8 Exp: +0,3

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos