Esta mañá voltaba á Ría de Ortigueira (A Coruña) na compaña de José Ramón Castro. O prognóstico adiantaba choiva a partires das 12 horas e non se equivocou. Antes deunos tempo a censar algunhas especies e fotografar outras. Imos coas matemáticas:
- Os 5 gansos bicocurtos (Anser brachyrhynchus), que seguen onde sempre
- 175 Gabitas (Haematopus ostralegus) contados no Cavalar
- 470 - 480 Mazaricos reais (Numenius arquata). Idem. En Ladrido habería uns cantos máis
- 105 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola). Esta limícola entra tarde e aínda en Xaneiro continúa a subir o número
- 2 + Pilros grosos (Calidris canutus)
- 1050 Pilros comúns (Calidris alpina). Censo bastante impreciso mas serve coma referencia. Con certeza había máis dun milleiro
- 1 Bilurico escuro (Tringa erythropus). Conseguín unha foto testemuñal en voo
- 7 Gaivotóns (Larus marinus), todos adultos agás un xuvenil de 1º inv pedindo a merenda a un adulto
- 6 Garzas brancas (Ardea alba) en San Clodio. Onte Ricardo Hevia contaba 10 ex desde Fornelos, récord na localidade
- 67 Cullereiros (Platalea leucorodia). Novo récord de invernada, con 10 ex máis chegados nos últimos quince días
- Os 4 mazaricos negros (Plegadis falcinellus), que permanecen na granxa de San Clodio
- 1 Águia pescadora (Pandion haliaetus)
Gansos bicocurtos (Anser brachyrhynchus)
Panasonic G7 + tele 100-300 (equiv 200 - 600 mm)
Cullereiros (Platalea leucorodia) e limicolada
6 Garzas brancas (Ardea alba) con garzotas e biluricos
Biluricos claros (Tringa nebularia) afotados desde o "observatorio"
A final conseguín fotografar o bilurico escuro invernante, que leva un tempo connosco.
Bilurico escuro (Tringa erythropus) en voo
Cando xa comezaba chover paramos na granxa de San Clodio, onde seguen os 4 mazaricos negros. Este ibis era extremadamente raro até hai poucos anos; porén agora forma parte habitual da paisaxe galega, ao igual que as garzas boieiras, outra especie de orixe mediterránica e norte-africá.
Granxa de San Clodio (Ortigueira)
Mazaricos negros (Plegadis falcinellus)
Mazarico rabinegro (Limosa limosa) acompañando mazarico negro
Mazarico negro (Plegadis falcinellus)
Foi unha mágoa que cando tiñamos os bichos moi perto a choiva comezou a caer con máis forza. Houbo que recorrer ao paraugas para poder completar a sesión fotográfica, xa cunha luz mínima.
Mazarico negro e vaca rubia
Panasonic G7 + 100-300 mm ISO:1250 V:1/200 F:5,6
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos