Supoñíase que esta fin de semana había andar por Villafáfila, que está a tope de auga e de bichos. Sen embargo preferín ficar en Ferrol por simple desgana. Ese desánimo para case todo é ún dos problemas que máis presente noto na vida cotiá. Ademáis dos problemas para durmir, que volven outra vez. Afortunadamente a lagoa da Frouseira segue estupenda e alí estiven onte na compaña do colega Juan A. Gómez Escariz e hoxe na de Ángel Couce, Calros R. Silvar e José R. Castro.
Actualizamos cifras de acuáticas co censo realizado esta mañá:
- 1 Ganso de bico curto (Anser brachyrhynchus) observado onte. Hoxe non
- 2 Culleretes boreais (Spatula clypeata). Os primeiros da temporada
- 102 Patos cincentos (Mareca strepera)
- 3 Asubións comúns (Mareca penelope)
- 199 Lavancos reais (Anas platyrhynchos). Había máis, ocultos no momento do conteo
- 1 Pato rabilongo (Anas acuta)
- 70 Cercetas eurasiáticas (Anas crecca)
- 1 Parrulo de colar (Aythya collaris)
- 2 Zurrascas eurasiáticas (Rallus aquaticus) escoitadas
- 1 Galiña de auga común (Gallinula chloropus)
- 62 Galos de auga comúns (Fulica atra)
- 1 Avefría choromica (Vanellus vanellus)
- 4 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
- 25 Gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus)
- 1 Gaivota cana (Larus canus)
- 100 Gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) aprox
- 16 Gaivotas escuras (Larus fuscus)
- + Mergulletes comúns (Tachybaptus ruficollis). N.C.
- 3 Corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo)
- 2 Garzas brancas pequenas (Egretta garzetta)
- 5 Garzas boieiras occidentais (Ardea ibis)
- 15 Garzas reais (Ardea cinerea)
- 1 Águia pescadora (Pandion haliaetus)
- 1 Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus)
Ganso de bico curto (Anser brachyrhynchus)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:1600 V:1/500 F:6,3
Ganso de bico curto (Anser brachyrhynchus)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:1600 V:1/400 F:6,3
Ganso de bico curto (Anser brachyrhynchus)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:1600 V:1/500 F:6,3
Ganso de bico curto (Anser brachyrhynchus)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:400 V:1/500 F:6,3
Provei a acoplar o convertidor 1,4x pero era xa demasiada distancia. E pasas de F:6,3 a F:9, co perda de bokeh que iso implica.
Ganso de bico curto (Anser brachyrhynchus)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm + MC1,4x ISO:400 V:1/320 F:9
Ganso de bico curto (Anser brachyrhynchus)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm + MC1,4x ISO:400 V:1/250 F:9
Ganso de bico curto (Anser brachyrhynchus)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm + MC1,4x ISO:400 V:1/320 F:9
Unha gaivota que sempre apetece ver é a cana. Vai unha imaxe testemuñal.
Gaivota cana (Larus canus)
Lagoa da Frouseira ollando cara o norte
Lagoa da Frouseira mirando en dirección sur
Ben, así terminamos hoxe. Prefiro non dicir nada xa dos túzaros que hoxe ceibaron os seus cans na lagoa (un giri e un autóctono). Pa qué?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos