Finalmente quedou bon tempo para a xornada que celebraba hoxe o Grupo Naturalista Hábitat, con motivo do seu 44º aniversario. Unha efeméride que celebramos primeiro cunha visita ornitolóxica á ría de Ortigueira e logo cun xantar de confraternización.
Socios e socias de Hábitat no peirao
A marea era óptima pola mañá pero se non vai frío en Europa pois as cifras de aves serán modestas. Máis ou menos había o censado onte, aínda que esta mañá contaba 12 garzas brancas grandes (Ardea alba). En calquer caso do que se trataba era de expoñer un pouco os principais valores deste humidal, sobretodo a aquelas persoas que non o coñecían.
Observáronse asubións, patos rabilongos, un mourelo euroasiático, píldoras cincentas, mazaricos, fuselos, garzas, garzas brancas, corvos mariños, cullereiros e águias pescadoras, por suposto. Un grupiño de biluricos comúns pousaron no peirao e puidemos velos moi perto.
Biluricos comúns (Tringa totanus)
Sony RX10 III focal 525 mm equiv ISO:100 V:1/400 F:5,6
Bilurico común (Tringa totanus)
Sony RX10 III focal 600 mm equiv ISO:100 V:1/640 F:4
Dúas gaivotas choronas estaban moi xuntiñas e deixaron algunha imaxe bonita.
Gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus)
Sony RX10 focal 600 mm ISO: V:1/500 F:4
Gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus)
Sony RX10 focal 600 mm ISO: V:1/800 F:4
Sen embargo a estrela da xornada foi unha lontra que se alimentaba xunto ao peirao e que alegrou ao persoal. Ún non se acostuma ao alto grao de confianza que teñen certos bichos. O que fai non cazalos durante uns cantos anos.
Algúns comentaban que a lontra levaba algo que parecían carrachas (Ixodoidea). Ollando as fotos esas boliñas brancas que leva no interior das orellas semellan certamente carrachas. Non sei se alguén pode aportar algunha explicación. Supoño que as collería en terra e as levará prendidas mas xa mortas logo de tantos mergullos en auga salgada.
Lontra (Lutra lutra)
Sony Rx10 III focal 600 mm equiv ISO:400 V:1/250 F:4
En fotografías publicadas anteriormente identificáranse peixes da familia Labridae coma presas das lontras neste lugar. Na seguinte foto vese un peixe pequeno que ben puidera pertencer tamén a esa familia. Por desgraza non quedou ben enfocada e non podo aportar unha ampliación decente.
Desde logo a lontra foi a mellor despedida posíbel nesta visita de Hábitat a Ortigueira.
Lontra (Lutra lutra)
Sony Rx10 III focal 600 mm equiv ISO:400 V:1/500 F:4
Depois fomos ao xantar nun restaurante da zona onde confraternicei un pouco máis coa familia do G.N. Hábitat da que formo parte coma socio. Houbo diplomas moi simpáticos para varios de nós e un agasallo moi emotivo para min.
Agasallo recibido (un armiño de Sargadelos)
Así terminamos esta entrada especial que quero adicar con moito cariño aos compañeiros e compañeiras de Hábitat. É unha honra formar parte desta organización.
Ahora ya no irás a Moeche ya lo tienes en casa.
ResponderEliminarTeño, si. E grazas por recordarmo. Ía poñer a foto e se me pasou. Agora xa a incorporei ao post.
EliminarEnhorabuena, Xabi, que bien que lo mereces. Un abrazo. Y, por cierto, a la lontra ¿la tienes a sueldo, no? Qué curriña... Yo diría que el pez que está a punto de tragar es una lorcha (Gobidae), o incluso un escarapote (Taurulus bubalis); una pena que no saliera mejor enfocado.
ResponderEliminarO das lontras en Ortigueira é un puto escándalo, Jose. Sempre digo que o difícil é NON VELAS.
EliminarCon respeito ao peixe mañá tentarei editar algunha foto a ver se podemos deducir a especie.
Un abrazo.