Seguidores e seguidoras

venres, 7 de xuño de 2024

07/06/2024 De volta nos "Campos do armiño"

 Semella que nestes momentos os armiños mostran moita actividade diurna, pois están na época de parto e apareamento. Segundo algunhas publicacións (1) primeiro paren e logo prodúcense as cópulas, debido á "implantación diferida" que ten esta especie. Busquei información ao respeito en google académico, como sempre recomenda o mestre Souza, pero non atopei. Tampouco lle adiquei moito tempo pero seguro que hai algo.

   Onte mandábame Damián o vídeo dun armiño con crías grabado en Llanes (Asturias). Por iso esta mañá voltaba aos "Campos do armiño", na contorna da área recreativa de Lamas (San Sadurniño).

Lugar exacto onde foi observado o armiño

   Xa contaba cun resultado negativo (isto non é tan doado como ir coleccionar a foto dos famosos bufos das neves a Asturias). Durante as mostraxes estiven sobretodo a recoller testemuña fotográfica do hábitat onde tivo lugar esta extraordinaria observación de armiño feita por Clara González.


  Son campos tradicionais con parcelas de sega e outras de pastoreo con gando vacún. As sebes (de salgueiros ou loureiros) son e serán parte da paisaxe galega tradicional alí onde ALTRI e a súa maquinaria destrutora do medio ambiente o permita. En Lamas hai prados con menos manexo humán, algúns enchoupados con abondancia de Iris pseudacorus ou Sparganium erectum; outros mais enxoitos con moitas umbelíferas e gramíneas. Tamén había moitas orquídeas (Dactylorhiza elata, seguramente).
  

Prado hiperhúmido con abondoso Sparganium erectum

  A priori, un entorno onde haberá abondancia de micrótidos, especialmente rata de auga (Arvicola sapidus), unha das presas favoritas do armiño, xunto á trilladeira nival (Chionomys nivalis), nas zonas de montaña. 

Camiño da mostraxe

Campo con abondancia de umbelíferas

Prado recén segado intercalado entre ripisilva fluvial e souto

   Na zona tamén hai abondoso bosque galería ou ripisilva no cauce todo do río Xuvia. Nel abondan árbores e mato coma o freixo (Fraxinus escelsiur), ameneiro (Alnus glutnosa), pradairo (Acer pseudoplatanus) ou abeleira (Colyrus avellana).

Ripisilva fluvial no Xuvia

  Completando a paisaxe, pequenas manchas de fraga, que é como chamamos na Galiza ao bosque de folla caduca mixto. Ademáis dalgunhas das especies mencionadas nestas manchas aparecen carballo (Quercus robur), bidueiro (Betula pendula) ou castiñeiro (Castanea sativa), sempre con exemplares de pequeno ou mediano porte.

Transecto realizado entre unha pequena fraga

 Xustamente na mancha de fraga aparecía unha femia de corzo que viña caminando paseniñamente e se dispuña cruzar a estrada cando me veu.

Corzo (Capreolus capreolus) femia

 Eu fiquei completamente inmóbil por ver o que facía a corza.


  Que terminou atravesando o asfalto con paso lento.



       Na outra beira parou un pouco ata desaparecer entre a fraga. Por desgraza estaba nunha moi escura (con luz intensa ao fondo) e só puiden tirar imaxes testemuñais.

Corzo (Capreolus capreolus) femia
Om-1 + Ziko 100-400 mm   ISO:12.800   V:1/200     F:6,3

  Durante as dúas horas de mostraxe (7,00 - 9,00 h) observei bastantes paseriformes de carácter eurosiberiano: picafollas ibéricos (Phylloscopus ibericus), picafollas europeo (Phylloscopus collybita), carriza eurasiática (Troglodytes troglodytes), paporrubio (Erithacus rubecula), merlo negro (Turdus merula), cardeal europeo (Pyrrhula pyrrhula), pimpín común (Fringilla coelebs), etc

  Nun dos prados recén segados levantaba un tordo visgueiro, un dos nosos paxaros máis difícies de fotografar. Disparei desde case 200 m e xa marchou voando.

Tordo visgueiro (Turdus viscivorus)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO:6400    V:1/400    F:6,3

 Recurtando a foto co Lightroom e axudándome coa I.A. para o tema do ruido a foto queda bastante mellor, como vedes. Cando dou charlas sobre fotografía bridge sempre lembro o importante que é dispór dun bon programa de edición dixital para mellorar as fotos, porque os naturalistas disparamos habitualmente en condicións extremas.

Tordo visgueiro (Turdus viscivorus)
Imaxe recurtada e editada con Lightroom
 
  Termino cun tordo músico, entretido mentras descascaba un caracol. Aproveito para felicitar aos que traballaron na nova listaxe de nomes vulgares en galego porque deron no cravo. Non coñezo paxaro que, ademáis de ter un canto fermoso de por si, sexa capaz de imitar tan ben o de outras aves. Porque en Valdoviño teño escoitado tordos tocando "melodías"de Thalasseus sandvicensis ou Tringa totanus con tal perfeizón que eu me volvía tolo tentando localizar esas acuáticas.
 
Tordo músico (Turdus philomelos)

Tordo músico (Turdus philomelos) papando caracol

 E así rematamos hoxe. 

(1) Mamíferos de España Francisco Purroy & Juan Varela (2005)

xoves, 6 de xuño de 2024

06/06/2024 Visita breve al embalse de Forcadas

 En estos momentos echo de menos no poder ir a mis antiguos "local patch" de los años ochenta o noventa (aunque de vez en cuando aún visito A Frouseira). Eran espacios naturales muy próximos a mi casa y a los que podías llegar en 15 o 30 min en coche. Por desgracia la mayoría de ellos se han convertido en parques caninos o se han visto afectados por problemas de diferente naturaleza, como la eucaliptización o el urbanismo.

 El embalse de As Forcadas no ha escapado a esa dinámica negativa y la presencia de especies invasoras junto a la eutrofización de sus aguas han provocado una pérdida de biodiversidad catastrófica. Sólo en esta ribera de As Cortiñas llegaron anidar 3-5 parejas de zampullín chico (Tachybaptus ruficollis), 2-3 de focha (Fulica atra) y un número indeterminado de gallinetas (Gallinula chloropus) (datos propios 2005).

Ribera de As Cortiñas

  Hoy las únicas acuáticas que observaba o escuchaba eran una pareja de zampullines (bien es cierto que el tiempo desapacible con lluvia ligera y temperaturas frescas como las de hoy no ayudan cuando hablamos de censar en temporada de incubación o polluelos).

Pareja de zampullines chicos (Tachybaptus ruficollis)

    Un problema añadido en Forcadas es la instalación masiva de pastores eléctricos en las fincas que hay alrededor (por el jabalí o el lobo, supongo). Si antes tenía un montón de accesos hasta la orilla ahora éstos se han reducido a cuatro o cinco sitios. Y si el embalse está tan lleno como está ahora mismo pues la cosa resulta más complicada aún.


Ribera de A Rañoa

 Vamos, que hoy casi era mejor haberme quedado en casa y no haber ido al embalse para no deprimirme todavía más. Pero seguro que otro día me dará alguna alegría.

mércores, 5 de xuño de 2024

05/06/2024 "Operación armiño" en marcha

    Ayer tocó reposo en casa. Dediqué la mañana a la meditación y a la lectura, concretamente a los comentarios escritos por Swami Yogananda sobre los Evangelios cristianos; una interpretación radicalmente distinta de la que enseña la Iglesia en Occidente y que os recomiendo. Los textos escritos por los grandes swamis (monjes) de la India resultan siempre reconfortantes y nos ayudan a sobrellevar los momentos más duros de la vida.

  Esta mañana hacía un nuevo muestreo por Lamas (San Sadurniño), en compañía de Clara González y José Ramón Castro, con la intención de visitar el lugar exacto donde se había observado el famoso armiño (el mapa de iNaturalist era incorrecto, por lo visto).

Un servidor en pie y caminando hacia la luz

     No vimos armiño pero tampoco estaba previsto tener esa suerte. Esta primera visita, en los alrededores del área recreativa de Lamas (San Sadurniño), tenía como objetivo simplemente conocer el terreno. Pero sí pude tomar un par de fotillas curiosas.

  El primer protagonista fue un zapatero (Gerridae sp) atrapadado en una bañera de las que ponen para que abreve el ganado. Las tomas están muy recortadas, como casi siempre.

Zapatero (Geridae sp)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm    ISO:3200    V:1/400    F:7,1


  El segundo insecto protagonista fue una de nuestras libélulas de mayor tamaño: la Cordulegaster boltonii, habitual de ríos o arroyos con aguas rápidas y oxigenadas.

Cordulegaster boltonii
OM-1 + Zuiko 100-400 mm (a 300 mm)  ISO:400    V:1/800    F:7,1

  Para mi sorpresa,  Clara llevaba precisamente una Canon SX70. Como está empezando en esto de la fotografía de la Naturaleza empecé a darle explicaciones de una cosa y de otra hasta terminar completando un pequeño curso de iniciación a la fotografía bridge (espero que lo aproveche bien).

 En fin, por aquí seguimos. En pie y caminando.