A tempada da migración outonal está comezando, así que cómpre poñer o mono de traballo e mentalizarse para contabilizar limícolas e outras aves. E a ría de Ortigueira é, a estes efectos, o que se denomina o meu "local patch". Onte fun por aló e peguei un repaso rápido. Por agora as cifras son modestas nas especies pequenas, pero había xa unha boa diversidade. Estes son os datos:
- 1 Cullereiro (Platalea leucoridia) na enseada de Ladrido. Logo había outro? no Cavalar.
- Lavancos (Anas platyrhynchos), que seguen aumentando o seu número. Contei uns 200 na Lagarea, 200-300 en Feás, e grupos menores en Mera, Ladrido ou San Claudio. Poñamos que agora mesmo o número total andará polos 700 exemplares, así "a ojímetro".
- 95 Gabitas (Haematopus ostralegus)
- 39 Píllaras reais (Charadrius hiaticula). Esta limícola é un dos mellores indicadores da intensidade no paso migratorio (na Frouxeira ocorre exactamente igual)
- 1 Pilro tridáctilo (Calidris alba)
- 1 Pilro pequeno (Calidris minuta). Primeira observación da especie na temporada. Este ano parece que se presentou unhas semanas máis cedo do habitual.
- 170 Pilros comúns (Calidris alpina)
- 1 Pilro groso (Calidris canutus)
- 2 Mazaricos rabinegros (Limosa limosa)
- 4 Mazaricos rabinegros (Limosa lapponica)
- 540 Mazaricos reais (numenius arquata). O grupo principal estaba no Cavalar, como case sempre.
- 327 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus). Sen dúbida unha das limícolas máis abondosas nos pasos por toda a costa ferrolá. No paso primaveral, os picos da migración danse nun período máis breve (mediados Abril-mediados Maio aproximadamente), pero penso que no paso outonal a cousa se prolonga moito máis. Porque desde primeiros de Xullo ata finais de Setembro se producen importantes sedimentacións nas nosas rías.
- 44 Biluricos comúns (Tringa totanus)
- 50 Biluricos claros (Tringa nebularia)
- 1 Bilurico alinegro (Tringa ochropus) escoitado na enseada de Mera e, quizá, outro máis por San Claudio. Segunda observación do ano. Algo pouco común, pois esta limícola é bastante rara de ver na costa.
- 6 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
- 1 Virapedras (Arenaria interpres)
- Gaivotas cabecinegras (Larus melanocephalus). Lonxe quedan aqueles tempos en que era toda unha rareza velas por estas latitudes... As cabecinegras andan tamén coa muda nestas datas.

Mazarico chiador (Numenius phaeopus)
- 44 Biluricos comúns (Tringa totanus)
- 50 Biluricos claros (Tringa nebularia)
- 1 Bilurico alinegro (Tringa ochropus) escoitado na enseada de Mera e, quizá, outro máis por San Claudio. Segunda observación do ano. Algo pouco común, pois esta limícola é bastante rara de ver na costa.
- 6 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)
- 1 Virapedras (Arenaria interpres)
- Gaivotas cabecinegras (Larus melanocephalus). Lonxe quedan aqueles tempos en que era toda unha rareza velas por estas latitudes... As cabecinegras andan tamén coa muda nestas datas.
Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus)
- Gaivotóns (Larus marinus). Varios adultos e xóvenes. A maioría en Cariño, coma sempre.
- 3 Picapeixes (Alcedo atthis). Aínda que se reproduce na mesma ría, resulta máis doado de ver a partir de agora. Pero segue a ser un ave sumamente desconfiada.
Picapeixe (Alcedo atthis)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos