Seguidores e seguidoras

sábado, 18 de agosto de 2012

Paso.... e pausa.

 Nestes dias de verao a costa galega é cenário do passo migratório. Milhares de limícolas percorrem o litoral, sedimentando em pequenas bandadas as mais das vezes . Um momento esperado com ilussom por moitos ornitólogos e ornitólogas do país.  E a pausa, sempre tan necessária no mundo da fotografia, tivo a bem outorgar-me hoje um desses dias mágicos que nom se ham esquecer da minha memória como naturalista.

 Na pequena praia dos Botes (concelho corunhês de Valdovinho) decidim fazer umha sessom puramente fotográfica, sem outro fim que o de pasarem um rato de práctica co meu novo teleobxectivo. Para isso,  e tendo em conta que se tratava de limícolas, nom hai melhor método que deitar-se na areia, simplesmente, e esperar a que "eles" se aproximem. E achegárom-se....



 Podo asegurar-vos que na minha vida passara experiência tal. Por vezes os Pilros comúms achegávam-se até quase tocá-los. Um velho moi simpático que passava por alô preguntou-me: " e nom podes colher úm?" Pois do perto que os tinha, a gente ficava sorprendida, mirando para aquel home que estava deitado na area e rodeado de paxarinhos a um metro de distáncia. As imagens nom fam ideia do vivido hoje.



Pilro común (Calidris alpina)

 Os Pilros tridáctilos (Calidris alba) resultarom muito máis difíceis de fotografar, devido ao seu movimento máis rápido e a umha maior desconfiança cara o observador. Pero algumha puidem tirar tamém.




Pilro tridáctilo (Calidris alba)

 Nestas alturas da passagem migratória é frequênte atopar diversas especies de limícolos nas moitas praias da comarca de Ferrol. E nom ham faltar desde logo as bonitas Pílharas reais (Charadrius hiaticula)


Pílhara real (Charadrius hiaticula)

Ou os Virapedras (Arenaria interpres), todo um clássico do mes de Agosto nas nossas praias.


   Éste fazia estiramentos de Hata Ioga... Sempre está bem coidar-se.

Virapedras (Arenaria interpres)

 O que já resulta um pouco menos habitual é a presença do Bilurico comum (Tringa totanus). Mas adoita visitar a costa rochosa tamém no paso migratório. Se a vizinha lagoa da Frouxeira estivesse aberta arestora, sem dúvida que havia de atopar um melhor hábitat nela. 



Bilurico comun (Tringa totanus)

 Deixo-vos coas images desta jornada marabilhosa. 


6 comentarios:

  1. Hoxe e un deses días nos cales un non pode dormir e pasa todo o rato dando voltas na cama molestando a compañeira, así que me levantei e pensando nas fotos que me relataches, decidín mirar si xa as habias posto no blog, e así e.
    Moy boas todas, e ilustrativas o reportaxe conten o bicho e o entorno no que se move.
    A esplotar o 70-300.

    Jose

    ResponderEliminar
  2. Olá José:
    Pois eu acabo de erguerme para saír outra vez a afotar.
    E teño que confesarche que estou contento polas fotos....a medias. Ao estar tan perto as aves, custábame horrores dalas enfocado. Moitas fotos que contaba que saíran ben saíron fatal, moi desenfocadas. Porque os colegas non paraban quietos e o de enfocar rápido aínda me resulta complicado.

    Se chega estar no meu sitio un fotógrafo decente (coma ti mesmo) tira fotos dignas de National geographic.

    O mellor de todo foi desde logo a sensación de estar rodeado de aves que non che facían nin caso.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Dasme medo!... polas boas fotos home, que o de feo xa estou acostumado de ollarme ao espello.

    ResponderEliminar
  4. ja,ja,ja.. Eu, cando comprei o piso, o primeiro que fixen foi retirar todos os espellos, e xa non teño ese problema.

    Aproveito para anunciarte "en rigorosa primicia" que a próxima entrada vaivos gostar moito. Sobre todo a xente coma ti e Damián, que vos molan as rarezas. Trátase dunha observación de hoxe na Frouxeira. Non é un "mega" deses, pero
    si un ave difícil de ver e máis aínda de afotar. Unha pista: é un paseriforme típico destas datas...
    Coming soon...

    ResponderEliminar
  5. Tiven moita sorte, Quique. E agora dispoño dun cacharro en condicións.
    Unha aperta

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos