Seguidores e seguidoras

venres, 5 de outubro de 2012

Villafáfila.... qué ganas!!!

 Chega o Outono e me poño melancólico, porque non podo evitar as lembranzas das miñas andainas por esa terra tan marabillosa como é a Tierra de Campos.

 O outro día Pepe mandábame unhas fotos dunha das súas últimas viaxes (non para quieto o tío).

Avetarda (Otis tarda)

 Sei que a Reserva de Villafáfila está agora mesmo moi necesitada de auga, e imaxino perfectamente o aspecto que terán as lagoas, todas elas secas. Pero sempre digo que aquilo ten moito que ver. E moito que sentir, tamén.


  Na miña última visita, adiquei bastante tempo a pasear polas dehesas. Unha das miñas debilidades.


 E quedei coas ganas de fotografar ben a unha das xoias emplumadas máis características daquel hábitat.

 Elanio azul (Elanus caeruleus)

   Os tempos en que podía planificar unha saída con antelación e facela sen contratempos pasaron definitivamente á historia. Sen embargo está moi próxima unha ponte festiva (o día 12) que ben puidera proporcionar unha ocasión para volver a aquela terra, tan querida para min.

 Quén sabe?

2 comentarios:

  1. Madre mmía, a de anos que fai que non paso por Villafáfila... Se podes facer unha escapada estaría ben, poder disfrutar dunhas estupendas fotos....

    ResponderEliminar
  2. Olá Inés:

    Nos primeiros anos da década pasada tiña aquela coma unha das miñas zonas de bicheo máis importantes. Cheguei a visitala mensualmente en Primavera algún ano. E agora que case non podo saír de Ferrolterra, teño un "mono" que non vexas...

    Se che gosta a zona, recoméndoche que mires as catro entradas que fixen sobre Villafáfila. Dúas en Novembro de 2011 e outras dúas en Febreiro de 2012. Abre "Arquivo do blogue" e xa as ves.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos