Seguidores e seguidoras

luns, 22 de outubro de 2012

VILLAFÁFILA, VOLVEU A CHUVIA!!

   Últimas noticias!, a chuvia voltou á reserva de Villafáfila!. Con enorme alegría comparto convosco este recadro coas precipitacións recollidas a semana pasada na estación de Villafáfila. Son datos da A.E.M.E.T.


 Entereime hoxe desta estupenda nova e quixen averiguar a cantidade de auga recollida. E observando o cadro podemos calcular un total de máis de 50 litros por metro cuadrado caídos en tres días. Podían ser máis, pero estas cantidades seguro que han mudar bastante o aspecto da reserva, que estaba moi necesitada de auga. Probablemente algunhas das lagoas xa teñan unha pequena lámina de auga, dabondo para que sedimenten as acuáticas que nestas datas están comezando a invernada.

 Logo de estar por aló unha semana antes, xa me están dando ganas de volver...

   E, de regalo, van 2 temas dos madrileños máis macarras que pareu o Hardcore español. Os impresionantes T.D.K. Non haberá xamáis banda punk con tanta enerxía, que metan tantísima tralla (e tanta mala hostia tamén...). En tempos mozos o meu grupo favorito. Hai un par de anos tiven a sorte de ver en directo ao que queda do grupo (en Cangas). Tiven que pedir unha ambulancia para sobrelevar o "pogo... A idade non perdoa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos