Nesta época de prolongada seca, a "Tierra de Campos" transfórmase precisamente niso, en campos de terra.
Villafáfila é terra de contrastes brutais. Móstrase abrasadora no árido verán castelán; xélida no durísimo inverno mesetario. Agora semella un Okawango asolagado, onde rebosa a vida acuática de todo tipo; e arestora recupera un aspecto desértico azoutada polo vento que fabrica milleiros de remolinos de area, cual sabana en pleno estío.
A terra espida ofrece daquela ao visitante todas as tonalidades ocres, pardas e vermellas imaxinábeis. Alternando apenas con pequenas manchas forestais baixo un ceu infinito, que o monótono horizonte da meseta permite desfrutar en toda a súa inmensidade.
Quizá sexan necesarios uns ollos especiais para podermos apreciar tanta fermosura. Os ollos do naturalista permiten ver cousas que lles son negadas, polo visto, á xente de mente simple. Moitos compañeiros de traballo, amigos urbanitas ou materialistas de todo tipo, non conciben que ún atope beleza nesta paisaxe semidesértica. Tí, pequeno lagarteiro, compréndesme, non si?
As raíñas da Reserva, as maxestuosas Avetardas, xa están afeitas a estas dificultades climatolóxicas. Son moitos séculos sobrevivindo nesta zona de Villafáfila, onde manteñen unha das maiores densidades de Europa. Desta volta non vin moitas. Únicamente modestos bandos de 20 ou 30 exemplares nos arredores da vila. Coma sempre, non hai mellor observatorio para fotografalas ca o "coche-hide" (como se denomina este veículo por terras de Ribadeo...)
Non pode haber visita á reserva sen ver Avetardas, e non pode haber tampouco visita sen Cotovías, quizá o pasriforme máis característico da zona. Paras os ornitólogos nativos debe de ser unha especie común, mais para os que procedemos da terra da auga, do noroeste do noroeste (que diría un amigo), sempre resulta atraínte a observación da súa figura críptica e a escoita do seu melodioso canto. Se, ademáis, ún posúe un pasado punkie, a atracción por este cristado aláudido vólvese máis lóxica se cabe.
Sen embargo estes dous días o paxaro que me deparou maior número de observacións foi o Pedreiro cincento, que nestas alturas do ano está en pleno paso migratorio. Poño unha serie de fotos de varios exemplares diferentes. Xa sabedes que eu son un desastre en identificación e, tendo en conta as datas nas que estamos, nunca se sabe se pode colarse polo medio algún pedreiro deses raros. Sei que haberá expertos cualificados analizado estas fotos.... por se houbese algo. A min parécenme todos normais.
Entre Otero de Sariegos e o CI, aproximadamente, fixen un censo de 24 Pedreiros cincentos (falamos dun área duns 8 Km cuadrados, para que vos fagades unha idea). Non sei se podemos consideralos exemplares en paso ou nativos, pois a especie é reprodutora común por aquí. Imaxino que xa deben de ser individuos migrantes europeus.
Pouco lle faltou a este Gabián para capturar ún destes Pedreiros, perto da Laguna Parva. Botouse diante miña e case nin tiven tempo para armar a cámara. Qué rapidos son!
Resulta sorprendente a ausencia de Avefrías (Vanellus vanellus) nunha visita a Villafáfila. En todo o percorrido (e vos aseguro que foi amplo) só detectei un bando duns 40 exemplares, perto da Laguna parva, e dous máis voando sobre a Dehesa de Castronuevo. Integrado no bando de 40 Avefrías, andaba tamén un Combatente (Philomachus pugnax).
Na tarde do día 11 puiden observar un grupiño familiar de Lebres e dous exemplares solitarios máis, só na zona da Salina Grande. A maiores outra, menos afortunada, aparecía atropelada na estrada a Villalpando. A unha delas afoteina desde dentro do carro, mentras escapaba a toda velocidade.
Por suposto que visitei a miña "Dehesa" favorita. Si, xa sei que as de Arribes ou Extremadura son moito mellores, vale, pero a esta de Castronuevo téñolle un cariño especial (e podo chegar en tres horas e media, coño).
Ao mencer, unha sombra metéuseme diante do carro. Parei o coche no arcén, para descubrir un Falcón peregrino, que intentaba alimentarse en terra cunha presa recén capturada. Na foto non aparece, pero asegúrovos que levaba algo nas patas, que non puiden determinar.
Mentras estaba parado preparando a cámara deime conta de que, por algún motivo, o Falcón desexaba aterrizar nunha zona en concreto, mi perto da estrada. Pero cada vez que pasaba un coche o pobre levantaba o vó e daba varias voltas, antes de volver a pousarse. Podía esperar e achegarme un pouco, porque estaba traballando cun ISO moi alto, mais preferín no molestar e me conformei con estas fotos testemuñais. Non hai foto que xustifique unha molestia a esta xoia emplumada.
De camiño á dehesa, unha sorpresa inesperada, no mesmo límite da Reserva. Unha desgraciada Cobra de escada de 940 mm, morta sobre o asfalto. Paseilles os datos aos guardias no C.I. pois este ofidio non está rexistrado dentro da reserva, penso, onde debe ser bastante escaso.
Na dehesa, buscaba o Peneireiro cincento (Elanus caeruleus), unha rapaz peculiar e ben fermosa, cada día máis común polo noreste peninsular. Pero non houbo sorte. Os que non faltaron foron os Pombos pequenos.
Falaba cos guardias e me sorprendeu que non coñecesen a abondancia desta pomba na dehesa. Porque a invernada de varios centos de exemplares é algo que non pasa desapercibido. Nesta ocasión contei 120+ exemplares, como mínimo. Adoitan concentrarse nunha liña de cables que cruza a parte oriental do encinar, onde se mesturan habitualmente co seu conxénere, o Pombo torcaz.
Son aves especialmente tímidas e resulta extremadamente difícil achegarse a menos de 500 metros sen que levanten o vó. Aínda por riba eu camiñaba coa miña vara espanta-cans no cinturón, co cal debía ter máis aspecto de cazador....Poño fotos testemuñais.
E aquí remata a viaxe por Villafáfila, xente.
Até a próxima!

Piñeiral de Salinas, en Otero de Sariegos
Quizá sexan necesarios uns ollos especiais para podermos apreciar tanta fermosura. Os ollos do naturalista permiten ver cousas que lles son negadas, polo visto, á xente de mente simple. Moitos compañeiros de traballo, amigos urbanitas ou materialistas de todo tipo, non conciben que ún atope beleza nesta paisaxe semidesértica. Tí, pequeno lagarteiro, compréndesme, non si?
Lagarteiro común (Falco tinnunculus)
As raíñas da Reserva, as maxestuosas Avetardas, xa están afeitas a estas dificultades climatolóxicas. Son moitos séculos sobrevivindo nesta zona de Villafáfila, onde manteñen unha das maiores densidades de Europa. Desta volta non vin moitas. Únicamente modestos bandos de 20 ou 30 exemplares nos arredores da vila. Coma sempre, non hai mellor observatorio para fotografalas ca o "coche-hide" (como se denomina este veículo por terras de Ribadeo...)
Avetardas (Otis tarda)
Non pode haber visita á reserva sen ver Avetardas, e non pode haber tampouco visita sen Cotovías, quizá o pasriforme máis característico da zona. Paras os ornitólogos nativos debe de ser unha especie común, mais para os que procedemos da terra da auga, do noroeste do noroeste (que diría un amigo), sempre resulta atraínte a observación da súa figura críptica e a escoita do seu melodioso canto. Se, ademáis, ún posúe un pasado punkie, a atracción por este cristado aláudido vólvese máis lóxica se cabe.
Cotovía cristada (Galerida cristata)
Sen embargo estes dous días o paxaro que me deparou maior número de observacións foi o Pedreiro cincento, que nestas alturas do ano está en pleno paso migratorio. Poño unha serie de fotos de varios exemplares diferentes. Xa sabedes que eu son un desastre en identificación e, tendo en conta as datas nas que estamos, nunca se sabe se pode colarse polo medio algún pedreiro deses raros. Sei que haberá expertos cualificados analizado estas fotos.... por se houbese algo. A min parécenme todos normais.
Entre Otero de Sariegos e o CI, aproximadamente, fixen un censo de 24 Pedreiros cincentos (falamos dun área duns 8 Km cuadrados, para que vos fagades unha idea). Non sei se podemos consideralos exemplares en paso ou nativos, pois a especie é reprodutora común por aquí. Imaxino que xa deben de ser individuos migrantes europeus.
Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe), diferentes exemplares
Pouco lle faltou a este Gabián para capturar ún destes Pedreiros, perto da Laguna Parva. Botouse diante miña e case nin tiven tempo para armar a cámara. Qué rapidos son!
Gabián (Accipiter nisus), femia
Resulta sorprendente a ausencia de Avefrías (Vanellus vanellus) nunha visita a Villafáfila. En todo o percorrido (e vos aseguro que foi amplo) só detectei un bando duns 40 exemplares, perto da Laguna parva, e dous máis voando sobre a Dehesa de Castronuevo. Integrado no bando de 40 Avefrías, andaba tamén un Combatente (Philomachus pugnax).
Na tarde do día 11 puiden observar un grupiño familiar de Lebres e dous exemplares solitarios máis, só na zona da Salina Grande. A maiores outra, menos afortunada, aparecía atropelada na estrada a Villalpando. A unha delas afoteina desde dentro do carro, mentras escapaba a toda velocidade.
Lebre ibérica (Lepus granatensis) en fuxida
Por suposto que visitei a miña "Dehesa" favorita. Si, xa sei que as de Arribes ou Extremadura son moito mellores, vale, pero a esta de Castronuevo téñolle un cariño especial (e podo chegar en tres horas e media, coño).
Dehesa de Castronuevo-Cañizo
Ao mencer, unha sombra metéuseme diante do carro. Parei o coche no arcén, para descubrir un Falcón peregrino, que intentaba alimentarse en terra cunha presa recén capturada. Na foto non aparece, pero asegúrovos que levaba algo nas patas, que non puiden determinar.
Mentras estaba parado preparando a cámara deime conta de que, por algún motivo, o Falcón desexaba aterrizar nunha zona en concreto, mi perto da estrada. Pero cada vez que pasaba un coche o pobre levantaba o vó e daba varias voltas, antes de volver a pousarse. Podía esperar e achegarme un pouco, porque estaba traballando cun ISO moi alto, mais preferín no molestar e me conformei con estas fotos testemuñais. Non hai foto que xustifique unha molestia a esta xoia emplumada.
Falcón común (Falco peregrinus)
De camiño á dehesa, unha sorpresa inesperada, no mesmo límite da Reserva. Unha desgraciada Cobra de escada de 940 mm, morta sobre o asfalto. Paseilles os datos aos guardias no C.I. pois este ofidio non está rexistrado dentro da reserva, penso, onde debe ser bastante escaso.
Cobra de escada (Elaphe scalaris)
Na dehesa, buscaba o Peneireiro cincento (Elanus caeruleus), unha rapaz peculiar e ben fermosa, cada día máis común polo noreste peninsular. Pero non houbo sorte. Os que non faltaron foron os Pombos pequenos.
Falaba cos guardias e me sorprendeu que non coñecesen a abondancia desta pomba na dehesa. Porque a invernada de varios centos de exemplares é algo que non pasa desapercibido. Nesta ocasión contei 120+ exemplares, como mínimo. Adoitan concentrarse nunha liña de cables que cruza a parte oriental do encinar, onde se mesturan habitualmente co seu conxénere, o Pombo torcaz.
Son aves especialmente tímidas e resulta extremadamente difícil achegarse a menos de 500 metros sen que levanten o vó. Aínda por riba eu camiñaba coa miña vara espanta-cans no cinturón, co cal debía ter máis aspecto de cazador....Poño fotos testemuñais.
Pombo pequeno (Columba oenas)
E aquí remata a viaxe por Villafáfila, xente.
Até a próxima!
¡Menuda viaxe! Seica viches case de todo. E as fotos espectaculares. Grazas por compartilo.
ResponderEliminarSaúdos.
Grazas a vós por darme folgos, Inés. Isto do blogue róubame moito tempo, no que deixo de facer outras cousas. E os vosos comentarios anímanme a seguir, poque ás veces estou por deixalo todo, dígocho de verdade. Son moitas horas editando fotos e textos...
ResponderEliminarUnha aperta.
Ola Xabi. Pois animo, non decaias agora, o traballo mais duro xa o tes feito. Podes meter menos contido, facer descansos, pero non nos deixes sen Bichos. E comprendo perfectamente o que sintes. Ter un blog esixe responsabilidade para mantelo, quita moitisimo tempo, e da quebradeiros de cabeza. Fai que un se sinta atado, as veces demasiado. Pero tamen da satisfaccions cando ves que hai xente que o sigue e que lle gusta. Asi que animos para seguir.
ResponderEliminarAh, e xa vin que o que por Ribadeo chamamos "coche-hide", deuche moi bo resultado coas avutardas : )
Unha aperta.
Grazas, Quique.
ResponderEliminarPero sigo pensando que os meus esforzos por facer un blogue de calidade non son correspondidos coma deberan.
Por suposto que todos os que si o seguides e comentades sodes tidos moi, moi, moi en conta. Se non fose por xente coma ti Bichos tería morto hai tempo.
Un abrazo.