Pequena xunqueira salgada en Neda
Antes, iso si, anotaba unha observación fenolóxica importante: o primeiro Mergullón de pescozo negro da temporada, en Maniños, como sempre.
Mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
O tema do día podería titularse "fondos de imaxe". Buscando diferentes reflexos na auga puiden lograr fotos atractivas sobre aves comúns, sempre falando desde o ponto de vista dun principiante.
Corvo mariño (Phalacrocorax carbo) con fondo colchonero
Ben, esta cabecinegra era interesante de por si. Xa boto de menos algunha das aneladas no Leste de Europa que sempre aparecen pola ría e que tan ben coñece Antonio ("El Señor de las Gaviotas")
Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus, drta.), con fondo plano
En Barallobre, sen embargo, unha zona de sombra ofrecía un bonito reflexo dourado a esta Gaivota patimarela ou similar
Digo ou similar porque eu nestas cousas de láridos e a súa infinita variedade de plumaxes, pérdome, sinceramente. O anel ocular, que é un rasgo diagnóstico entre michahellis e argentatus, non se ve nin ampliando as fotos orixinais. A ver que di o "oráculo".
Gaivota patimarela (Larus michahellis)
Na praia de San Valentín, un Carrán cristado, probablemente invernante, pousaba ao solete de primeiros de Outono (aproveita, chaval, que non sabes o que te espera nos próximos tres meses...)
Carrán cristado (Sterna sandvicensis)
Logo saíu voando e pescou un peixe. Pero desgrazadamente para el, alguén o veu, e se liou a de San Quintín
Varios minutos de perseguizón acabaron con final feliz para o carrán, que logrou desfacerse da molesta gaivota e comer a súa presa.
En fin, unha mañá entretida. A ver qué fago mañá.
Hola Xabi:
ResponderEliminarUna Gaviota Patiamarilla (Larus michahellis) adulta. Posiblemente, recién llegada a la madurez.
Graciñas Antonio. Supoñíao, pero ten unha pinta rara.
EliminarEn Neda había moita gaivotada o outro día, por certo.
Si, Xabi; esos "capuchones" tan marcados, desconciertan un poco y les dan un aspecto extraño.
ResponderEliminar