Seguidores e seguidoras

luns, 29 de setembro de 2014

Forcadas, 28-Setembro

  Onte facía a última visita do finde para controlar a migración. Pero desgrazadamente a situación meteorolóxica con ventos de compoñente leste moi frouxos ou brisas de dirección variábel non axudan á sedimentación nin de acuáticas nin de terrestres, e todo estaba bastante baleiro.


   Algúns Alavancos (Anas platyrhynchos) mostran xa a plumaxe nupcial, mais outros moitos aínda non remataron o proceso da muda completamente.  Entre eles, aparecían unha ducia de Cercetas (Anas crecca) e pouco máis. A destacar a escoita dun Rascón (Rallus aquaticus) na canaveira da foto anterior, pertencente á ribeira das Cortiñas. Penso que debeu criar hai anos. Hoxe en día moito me temo que desapareceu como reprodutor.

  Baixou medio metro o nível de auga, e asoma unha estreita fraxa de ribeira nalgunhas enseadas, agora que está a finalizar o paso. Tres Becacinas comúns alimentábanse nos lugares habituais.


     A mañá estaba tranquila, así que aproveitei para practicar co enfoque manual da 60D. O que era unha foto case imposíbel coa bridge, afotar un insecto en vó, case parece doado cunha equipa reflex. Unha Libeliña ofreceuse coma "banco de probas" para min.


  Coas dúas guías que teño (a de insectos de Chinery e a de Libélulas de Fernández-Martínez) non conseguía identificar a especie. Mirando o blogue estupendo de Anxos e Martiño (Libeliñas), cheguei á conclusión de que se trata dunha Libeliña de outono. Correxide se procede.

Libeliña de outono (Aeshna mixta)

  Un campo este dos odonatos que quedou pendente de traballar este verán, por unhas cousas ou outras. O próximo ano espero dispór de tempo para eles.
 Ata a próxima.

6 comentarios:

  1. Que bonitas che quedaron esas fotos en voo da libelinha. Dan para unha guía parabens. Saudos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non te pases, Alberto, tanto como para guía...Pero si que son bonitas as fotos de libeliñas en vó.
      Penso que non escollín ben a velocidade. Cunha máis lenta quedaba o corpo nitido e as ás moi borrosas; cunha máis rápida conxelaría corpo e ás; pero con esta velocidade intermedia, nin unha cousa nin outra.
      PD: Creo que me estou volvendo un Repunantis horribilis nisto da fotografía

      Eliminar
  2. Boa identificación. Debe ser unha especie relativamente abondosa aínda que, como emerxe en setembro, ten un periodo de observación moi curto e ó final non se observa tanto como se debería. Habitualmente aparece a baixas altitudes, ainda q temos unha cita no Xurés a cerca dos mil metros de altitude e tamén sacamos un exemplar perdido no medio do PN do Invernadoiro.
    Unha aperta,
    Martiño

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Coa axuda do voso blogue é máis doado, Martiño.
      Por certo, tiñas razón no que me dixeras sobre a guía de Galiza.
      Un abrazo.

      Eliminar
  3. Hola Xabier, buenas fotos de las aves con tu nueva cámara, mi enhorabuena
    Un saludo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Mmm... ¿Cómo sabes que las fotos DE AVES están hechas con la reflex, Marcos? Sólo especifiqué que había usado ese cámara con las libélulas!

      Es broma, también las hice con la 60D. Pero a partir de ahora ya no voy a decir qué cámara utilizo, pues llevo siempre las dos y las iré alternando en según qué cosas. A ver si sois capaces de averiguar si he utilizado la reflex o la bridge (te aseguro que os vais a equivocar muchas veces....)

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos