Focal: 300 F: 5,6
Tal coma me recomendaran sempre todos os fotógrafos fixen disparos con diferentes focais e con diferentes aperturas tamén. E o resultado non deixa moito lugar á dúbida. En ningunha das fotos (foron un total de nove) aparece a famosa aberración de "aire cristalizado". As fotos publicadas non teñen recurte, pero aseguróvos que ampliando tampouco se vé aquel famoso efecto.
Focal 200 mm F: 14
Á espera de máis probas en días próximos, parece que dei co problema, que non era culpa nin do tele nin dos corpos, o cal supón un grande alivio para min.
Focal 100 F: 18
Aproveito para agradecer desde aquí os consellos de Alejandro Martínez, Fernando Pereiras e Fran Nieto. Sen todo o que me foron dicindo probablemente non sería capaz de dar coa solución a este problema que me traía de cabeza desde hai un ano. Graciñas aos tres!
Despídome cun regaliño de cumpreanos que me envía Manu Arzúa desde London, UK, onde está emigrado temporalmente:
Un exemplar de Lacerta agilis, Sand Lizard que dicen por UK ou Llangardaix pirinenc que din en Catalunya, unica área peninsular onde está presente, pois é unha desas rarezas que teñen unha distribuición limitadísima (poboacións relictas no Pirineo catalán).
Unha foto moi apropiada para este día no que, ademáis de feitos tan lamentábeis coma o atentado de New York, o golpe de estado en Chile ou o meu propio nacemento hai 44 anos, tamén se celebran cousas positivas como o día nacional de Catalunya (Felicitats amics catalans i sort amb el referèndum).
Alegrome moito que fora iso.
ResponderEliminarPoñer un plástico diante dun cristal e o que ten. Os filtros si, pero bos.
Felicidades de novo.
Apertas
Bueno, bueno, xa dixen que haberá que confirmalo en próximas saídas. Pero ten boa pinta.
EliminarAghüelo, non sera tan catastrofico o do teu aniversario, digo eu..
ResponderEliminarMoito mellor o filtro que non o obxetivo.
Apertas,
Cesar
O barato sae caro" ¿cántas veces terei escoitado esta frase?
EliminarEste fin de semana imos averiguar se podemos dar por pechado o problema esta das "Aberraciones Misteriosas"