Lobadiz forma parte do Lugar de Interese Comunitario (L.I.C.) "Costa Ártabra". Unha figura que serviría para financiar e promover a súa conservación nun país normal, pero Galiza non o é. Aquí estas catalogacións son meramente propagandísticas e non serven para nada a efectos de conservación.
Monte de Lobadiz (Ferrol), integrado no L.I.C. "Costa Ártabra"
Chasco norteño (Saxicola rubetra)
Nos últimos anos fixéronse repoboacións de Piñeiros sobre a parte alta do monte, o que dará lugar a grandes cambios na fauna e paisaxísticos.
Ao fondo, na seguinte imaxe, albíscase a "Grande Cordilleira Australiana", cos bosques de eucaliptos máis estensos do continente, e que albergan importantes poboacións de Walabís e Koalas.
Monte de Lobadiz, Ferrol
A sorpresa foi a observación dun Peto formigueiro (Jynx torquilla) pousado sobre unha silveira nun pequeno outeiro.
Peto formigueiro (Jynx torquilla)
Ata hai dez anos só coñecía unha cita deste pequeno pícido na comarca (unha observación en Doniños dos anos 80). En 2004 ou 2005 Marcos Otero e máis eu levantábamos un exemplar na Frouxeira, que foi a miña primeira observación na provincia da Coruña. Desde entón, fun coñecendo cada vez máis citas de diferentes observadores, sendo agora, polo visto, un visitante habitual do mes de Setembro. Este aumento de citas pode deberse, na miña humilde opinión, a un incremento real da poboación migrante de Peto formigueiro.
Tamén aparecían por Lobadiz unha Avefría (Vanellus vanellus) solitaria e 2 Becacinas (Gallinago gallinago), na zona das brañas altas.
Avefría (Vanellus vanellus)
Mmmmm. Avefrías, becacinas. Autum is coming ¡¡¡
ResponderEliminarVén, carallo se vén. E ti contrólame esas becacinas cando vaiades a elas. Unha cita de Gallinago media, aínda morta, seguro que había ser interesante.
Eliminar